Soñeiro, Sada
San Xián de Soñeiro é unha parroquia localizada no sur do concello coruñés de Sada. Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 732 habitantes (368 homes e 364 mulleres), o que supón unha diminución en 4 habitantes en relación ao ano anterior.
San Xián de Soñeiro | |
---|---|
Cruceiro en Soñeiro. Ao fondo a capela do Espírito Santo. | |
Concello | Sada[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°19′39″N 8°17′26″O / 43.3276, -8.2905Coordenadas: 43°19′39″N 8°17′26″O / 43.3276, -8.2905 |
Poboación | 756 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA comezos do século XX fundáronse na zona as sociedades agrarias Agricultores del país e La defensa del agricultor.
Cultura
editarTopónimo
editarSoñeiro é un topónimo latino que posiblemente proveña do antropónimo Suarius e que aparecería entre o século VII e X. A hipótese dese antropónimo é por estar cartografado o lugar como Sunario.[2][3]
Patrimonio
editarDestaca a súa arquitectura relixiosa, coa igrexa parroquial de San Xián, de mediados do século XIX, o seu cruceiro e a capela do Espírito Santo. Tamén existen mostras apreciables de arquitectura popular.
Lugares e parroquias
editarLugares de Soñeiro
editarLugares da parroquia de Soñeiro no concello de Sada (Coruña) | |
---|---|
Agra | As Agras | Alborelle | Os Cabidos | Campo de Sar | Coiro | Costa | A Cova | O Espírito Santo | Fonte Boa | Fonte da Vila | Mandín | As Valías | Vilabranca |
Parroquias de Sada
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Piel, J.M (1947). "Nomes de "possessores" latino-cristaos na toponimia asturo-galego portuguesa". Biblos. Revista da facultade de Letras da Universidade de Coimbra. volume = Vol. XXIII (Coimbra): 143–202, 233–407.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Veiga Ferreira, Xosé María; Sobrino Ceballos, Juan (2014). "San Xián de Soñeiro". A Xanela. Revista cultural das Mariñas (Betanzos) (37).