Abrir o menú principal

Santo André de Carnoedo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Sada. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.005 habitantes (513 mulleres e 492 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 926 habitantes.

Carnoedo
Igrexa de carnoedo.jpg
Igrexa de Santo André de Carnoedo.
ConcelloSada
Poboación1.005 hab. (2013)
Entidades de poboación26

PatrimonioEditar

O seu territorio ten, cando menos, tres poboados castrexos:

  • San Amede: un castro de pequenas dimensións emprazado nunha punta rochosa sobre o mar.
  • Taibó: de tamaño mediano e forma circular, está bastante ben conservado.
  • Espiñeiro ou Pazos: practicamente desaparecido pola acción urbanizadora dos últimos anos.

Ningún foi escavado, se ben foron catalogados por E. Monteagudo.

A igrexa parroquial de Santo André foi construída no 1878 e sufragada polo párroco Baltasar Canle Souto, coma reza unha inscrición. Tamén destaca un cruceiro do s. XVIII, así coma algunha mostra significativa da arquitectura popular.

Con todo, o seu patrimonio máis importante é o natural, especialmente a súa costa rochosa, na que se suceden as praias de Arnela, As Fontiñas, Os Lobos, Armenteiro, Pedralba, Lourido e Amoreiras e outros accidentes xeográficos como a Illa da Paz ou a punta de San Amede.

HistoriaEditar

O topónimo da parroquia é de orixe prerromana. Nas linguas gaélicas, a palabra Carn aplícase principalmente a sitios megalíticos ou a amilladoiros de pedras. O topónimo Carnoedo faría por tanto probable referencia a un dolmen, mámoa, ou morea de pedras con significación relixiosa conservadas antigamente na parroquia.

Tradicionalmente, os seus habitantes combinaban coma profesión a pesca coa agricultura, coma se pode apreciar no Catastro de Ensenada.

Coma parroquia, Carnoedo adheriuse ás do seu contorno para formar o concello de Sada no ano 1812. Durante as primeiras décadas do s. XX destacaría pola actividade asociativa, co Sindicato de Oficios Varios y Campesinos de Carnoedo, ligado á CNT, ou a Asociación Agrario Republicana de Carnoedo.

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes de Sada.

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar