Sissitia
Os sissitia (en grego antigo: τὰ συσσίτια ta syssítia) eran, na antiga Grecia, comidas colectivas de homes e mozos dun grupo social ou relixioso, especialmente en Creta e Esparta, pero tamén no resto de Grecia.
Os banquetes evocados por Homero están relacionados con esta tradición. Atopáronse rastros de xantares similares tanto en Cartago como en Roma.
En Esparta
editarEn Esparta, onde o sistema era o máis desenvolvido, tamén se chamaban fiditia (φειδίτια pheidítia, de ἔδω edô, xantar): era un banquete diario e obrigatorio, equiparábel á cantina dos oficiais e suboficiais dos militares. Na época arcaica –por exemplo en Alcmán–, o ritual tamén tiña o nome de ὰνδρεῖα, andréia, literalmente “pertencente ao varón”.
A participación nos sissitia era, como a educación espartana, obrigatoria para formar parte dos homoioi, os Iguais ou espartiatas.
O espartano era admitido nun sissitia desde os 20 anos, despois dun ritual descrito por Plutarco: o mozo debe ser admitido por unanimidade polos seus futuros compañeiros. A votación facíase utilizando bolas de pan colocadas nun vaso. Existía a posibilidade de que o mozo fose presentado polo seu erastés, é dicir, o maior nunha relación pederástica[1].
Cada comensal tiña que achegar á pota común unha cuarta parte ao mes, o φιδίτης phiditês, cuxa composición coñecemos por Dicearco (citado por Ateneo) e Plutarco (ibid., 12): 77 l de gran de cebada, 39 l de viño, 3 kg de queixo, 1,5 kg de figos e 10 óbolos de Exina, que se empregaban para comprar a comida. Con iso facíase o prato principal, o caldo negro (μέλας ζωμός, mélās dsōmós), cuxos ingredientes coñecemos por Ateneo: carne de porco, sal, vinagre e sangue.
Plutarco indica na súa Vida de Licurgo que os sissitia reunían unhas quince persoas, e explica na súa obra, Vida de Axis, que o rei quería dividir os 4.500 cidadáns en 15 fiditias de 400 ou 200 membros, é dicir, 7 fiditias de 200, 7 de 400 e 300 hippeis (cabaleiros).
Notas
editar- ↑ Plutarc, Vida de Licurgo, 12.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Edmond Lévy, Sparta histoire politique et sociale jusqu'à la conquête romaine, Seuil, coll. « Puntos Historia », París, 2003 ISBN 2-02-032453-9.
- Pauline Schmitt-Pantel, La Cité au banquet: histoire des repas publics dans les cités grecques, École française de Rome, 2000.