Isabel de Wittelsbach
Elisabetta Amalia Eugenia von Wittelsbach ou Sabela de Wittelsbach, máis coñecida polo diminutivo Sissi, nada en Múnic o 24 de decembro de 1837 e finada en Xenebra o 10 de setembro de 1898, foi emperatriz de Austria entre 1854 e 1898 e raíña de Hungría entre os anos 1867 e 1898.
Isabel de Wittelsbach | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Elisabeth Amalie Eugenie in Bayern |
Alcume | Sissi e Sisi |
Nacemento | 24 de decembro de 1837 |
Lugar de nacemento | Herzog-Max-Palais e Múnic |
Falecemento | 10 de setembro de 1898 |
Lugar de falecemento | Xenebra |
Causa | stabbing |
Soterrada | Cripta Imperial de Viena |
Nacionalidade | Imperio austríaco, Reino de Baviera e Cisleitania |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | monarca |
Pai | Maximiliano, duque da Baviera |
Nai | Luísa Guilhermina da Baviera |
Cónxuxe | Arquiduque Francisco Xosé |
Fillos | Sofia Frederica da Áustria, Gisela da Áustria, Rodolfo de Habsburgo e Maria Valéria da Áustria |
Irmáns | Duke Ludwig Wilhelm in Bavaria, Helena Carolina da Baviera, Carlos Teodoro, duque da Baviera, Maria Sofia da Baviera, Matilde Ludovica em Baviera, Sofia Carlota da Baviera e Maximiliano Emanuel da Baviera |
Premios | Rosa de Ouro, Ordem das Damas Nobres de Espanha e Order of Saint Elisabeth |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
O seu pai, o duque Maximiliano Xosé pertenceu a unha dinastía da rama secundaria dos duques de Baviera e a súa nai, Ludovica, era filla do rei Maximiliano I de Bavaria.
Con 16 anos, o 4 de abril de 1854, casou co Emperador de Austria, Francisco Xosé I de Habsburgo-Lorena. Polo seu matrimonio converteuse en Emperatriz de Austria e desde 1867 en Raíña de Hungría.
Dotada de gran beleza, caracterizouse por ser unha persoa rebelde, culta e avanzada para a súa época: fumaba, falaba varios idiomas, practicaba a equitación, escribía poesía, coidaba a súa figura, gustáballe viaxar e detestaba o protocolo da corte imperial de Viena, da que permaneceu afastada, debido en parte aos continuos enfrontamentos coa súa sogra, a arquiduquesa Sofía, e máis tarde pola morte da súa primoxénita Sofía e o suicidio do príncipe herdeiro, Rodolfo.
Ao ser coroada raíña de Hungría, o 8 de xuño de 1867 en Cfen, recibiu como obsequio o palacio Gödölö. Isto, xunto coas súas continuas viaxes a Hungría acrecentou o rumor dunha relación sentimental co Conde Gyula Andrássy. Entre os seus destinos no estranxeiro cabe destacar Bavaria, Grecia e Irlanda. Tamén visitou cidades españolas como Palma, Alacant e Elx, onde bautizou a palmeira de sete brazos. Estivo tamén en Madeira recuperándose dunha tuberculose bastante grave.
Morreu o 10 de setembro de 1898 en Xenebra, asasinada polo anarquista italiano Luigi Lucheni, á idade de 61 anos.