Sinope (ou en grego Σινώπη), é unha lúa de movemento retrogrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta por Seth Barnes Nicholson dende o Observatorio Lick no ano 1914,[4] e recibiu máis tarde o nome de Sinope, procedente da mitoloxía grega. Sinope non recibiría o seu nome oficial ata o ano 1975,[5][6] antes dese ano era simplemente coñecida coma Xúpiter IX. Foi chamada ás veces "Hades"[7] entre os anos 1955 a 1975.

Sinope
Descubrimento
Descuberta por S. B. Nicholson
Descuberta no 21 de xullo de 1914
Designación alternativa Xúpiter IX
Características orbitais
Raio orbital medio 23.540.000 km[1]
Periapse 18.237.600 km
Apoapse 30.191.200 km
Excentricidade 0,25[1]
Período orbital 724,1 d (1,95 a)[1]
Inclinación 128,11° (respecto da eclíptica)
153,12° (respecto do ecuador de Xúpiter)[1]
Velocidade orbital 2,252 km/s
Satélite de Xúpiter
Características físicas
Raio medio ~19 km[2][3]
Área superficial ~4.500 km²
Volume ~28.700 km3
Masa ~7,5 x 1016 kg
Densidade media 2,6 g/cm3 asumida[2]
Gravidade superficial ~0,014 m/s2 (0,001 g)
Velocidade de escape ~0,023 km/s
Albedo 0,04 (asumido)[2][3]
Temperatura ~124 K

Sinope era a lúa máis afastada de Xúpiter, antes de que se descubrirá a Megaclite no ano 2000. Actualmente a lúa máis afastada de Xúpiter é a lúa designada temporalmente coma S/2003 J 2.

Órbita editar

 
Grupo de satélites Pasífae.

Sinope orbita Xúpiter nunha órbita retrograda cunha grande excentricidade e tamén cunha grande inclinación. Os seus elementos orbitais foron tomados en xaneiro do ano 2000.[1] Pero estes parámetros están en continuo cambio debido as perturbacións solares e do propio planeta Xúpiter sobre a órbita de Sinope. Normalmente é asignada ó grupo de satélites Pasífae,[3] pero dada a inclinación que ten e que a súa cor difire da cor da meirande parte dos membros do grupo, Sinope podería ser un obxecto independente, capturado por separado, e sen ter relación coa colisión e esnaquizamento do obxecto proxenitor do grupo Pasífae.[8] O diagrama ilustra os elementos orbitais de Sinope en relación cos outros satélites do grupo.

Sinope tamén é coñecida por estar nunha resonancia orbital con Xúpiter, de xeito semellante a Pasífae. Pero Sinope pode escapar desta resonancia, tendo períodos de resonancia e non resoantes que abarcan escalas de tempo de 107 anos.[9]

Características físicas editar

Estimouse que o diámetro de Sinope é duns 38 km (asumindo un albedo de 0,04)[3] A lúa é de cor vermella (índices de cor B-V=0,84 V-R=0,46),[8] caso contrario ó de Pasífae que é de cor gris. O seu espectro infravermello é semellante ó dos asteroides tipo D, que difire tamén do espectro de Pasífae, que é semellante ó dos asteroides tipo C.[10] Estas diferenzas nos parámetros físicos suxiren unha orixe diferente respecto dos membros do núcleo do grupo de satélites Pasífae.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jacobson, R. A. (2000). "The Orbits of the Outer Jovian Satellites". Astronomical Journal 120: 2679–2686. doi:10.1086/316817. Arquivado dende o orixinal o 13/12/2019. Consultado o 03/11/2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 JPL (Solar System Dynamics), ed. (24-10-2008). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 12-12-2008. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Sheppard, S. S.; e Jewitt, D. C.; An Abundant Population of Small Irregular Satellites Around Jupiter, Nature, Vol. 423 (Maio do 2003), pax. 261-263
  4. Nicholson, S. B. (1914). "Discovery of the Ninth Satellite of Jupiter". Publications of the Astronomical Society of the Pacific 26: 197–198. doi:10.1086/122336. 
  5. Nicholson, S. B. (abril de 1939). "The Satellites of Jupiter". Publications of the Astronomical Society of the Pacific 51 (300): 85–94. doi:10.1086/125010.  (onde el declinou darlle nome ós satélites recen descubertos (pax. 93–94))
  6. IAUC 2846: Satellites of Jupiter outubro de 1974 (nomeando a lúa)
  7. Payne-Gaposchkin, Cecilia; Katherine Haramundanis (1970). Prentice-Hall, ed. Introduction to Astronomy. Englewood Cliffs, N.J. ISBN 0-134-78107-4. 
  8. 8,0 8,1 Grav, T.; Holman, M. J.; Gladman, B. J.; e Aksnes, K.; Photometric Survey of the Irregular Satellites, Icarus, Vol. 166 (2003), pax. 33-45
  9. Nesvorný, D.; Beaugé, C.; e Dones, L. (2004). "Collisional Origin of Families of Irregular Satellites". The Astronomical Journal 127: 1768–1783. doi:10.1086/382099. 
  10. Grav, T.; Holman, M. J. (2004). "Near-Infrared Photometry of the Irregular Satellites of Jupiter and Saturn". The Astrophysical Journal 605: L141–L144. doi:10.1086/420881. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar