Abrir o menú principal

Dactilia

(Redirixido desde "Sindáctilo")

En bioloxía, a dactilia é a disposición que presentan os dedos e dedas de mans e pés, ou ás veces das ás dun animal tetrápodo. O termo deriva da palabrfa grega δακτυλος (dáktilos), 'dedo'.

Con frecuencia utilízase a terminación "-dactilia" ou "-dáctilo" en diversos termos.

Como característica normalEditar

PentadactiliaEditar

A pentadactilia é a condición de ter cinco dedos nunha extremidade. Crese que todos os tetrápodos vivos descenden dun devanceiro que tiña unha extremidade pentadáctila, aínda que moitas especies despois perderon ou transformaron algúns (ou todos) dos seus dedos no decurso da evolución. Malia as variacións individuais que se indican máis abaixo, as relacións dos tetrápodos están referidas ao 'modelo' orixinal de cinco dedos.

Nos réptiles as extremidades son pentadáctilas.

TetradactiliaEditar

A tetradactilia é a condición de ter catro dedos nunha extremidade, como se observa en moitos anfibios, aves e dinosauros terópodos. Algúns animais mamíferos tamén presentan tetradactilia (por exemplo nas patas traseiras de cans e gatos).

TridactiliaEditar

A tridactilia é a condición de ter tres dedos nunha extremidade, como nos rinocerontes e algúns antepasados do cabalo, como Protohippus e Hipparion. Todos eles pertencen aos perisodáctilos. Algunhas aves teñen tamén tres dedos, como os emús, avetardas e paspallás, e nalgúns casos o termo forma parte do seu nome científico, como na gaivota Rissa tridactyla.

DidactiliaEditar

A didactilia ou bradidactilia é a condición de ter dous dedos nunha extremidade, como nos artiodáctilos extinguidos Hypertragulidae e os preguiceiros de dous dedos (Choloepus didactylus). Nos humanos este termo utilízase para unha anormalidade na cal os dedos medios están ausentes, quedando só o polgar e o quinto dedo. Os animais de pesuño fendido (como os cervos, ovellas, vacas, que son artiodáctilos) teñen só dous dedos, como tamén as avestruces.

MonodactiliaEditar

Monodactilia é a condición de ter un só dedo nunha extremidade, como nos cabalos modernos. Estes pertencen aos perisodáctilos.

Como defecto conxénitoEditar

SindactiliaEditar

 
Pé humano con sindactilia parcial simple.

A sindactilia (do grego συν-, sin-, 'xunto') é unha condición na que dous ou máis dedos están fusionados. Dáse normalmente nalgúns a mamíferos, como o mono siamang (Symphalangus syndactylus) e a maioría dos marsupiais diprotodontos, como os canguros. Dáse tamén no ser humano como unha condición anormal.

PolidactiliaEditar

A polidactilia dáse cando unha extremidade ten un maior número de dedos que o normal. Pode orixinarse:

  • Como resultado dunha anormalidade conxénita nun animal que é normalmente pentadáctilo. A polidactilia é moi común entre os gatos domésticos.
  • A polidactilia nos primeiros tetrápodos acuáticos, como en Acanthostega gunnari (Jarvik 1952), un dos moitos xéneros de tetrápodos troncais do Devoniano superior, era unha condición normal, e está proporcionando moitos coñecementos sobre a aparición dos tetrápodos e a orixe das extremidades con dedos. Algúns deses tetrápodos tiñan 8, 7 ou 6 dedos, e outros 5. Tamén ocorre secundariamente nalgúns dos últimos tetrápodos, como ictiosauros. O uso do termo resérvase normalmente hoxe para os defectos conxénitos, xa que actualmente é unha anormalidade, xa que se considera que todos os tetrápodos modernos derivaron dun antepasado de cinco dedos, e que os que tiñan máis de cinco non deixaron descendentes.

OligodactiliaEditar

A oligodactilia é ter menos dedos do normal de maneira conxénita (non por amputacións). Ás veces denomínase incorrectamente hipodactilia ou confúndese coa afalanxia (ausencia da falanxe nun ou máis dedos). Cando están ausentes todos os dedos dunha man ou pé, denomínase adactilia.[1]

EctrodactiliaEditar

A ectrodactilia, tamén chamada malformación da man dividida, é a ausencia conxénita dun ou máis dos dedos centrais en mans ou pés. Consecuentemente, é unha forma de oligodactilia. É especialmente frecuente en Vadoma en Zimbabwe.

En avesEditar

 
Tipos de pés das aves

AnisodactiliaEditar

A anisodactilia é a disposición máis común dos dedos nas aves, na que tres dedas están dirixidas cara adiante e unha cara atrás. Isto é común en aves canoras e outros paxaros que se colgan das poliñas, e tamén en aves de presa como aguias ou falcóns. Dáse en Passeriformes, Columbiformes, Falconiformes, Accipitriformes, Galliformes e a gran maioría das aves.

SindactiliaEditar

A sindactilia en aves é igual á anisodactilia, pero nelas a terceira e cuarta dedas (as dedas externa e media que se dirixen cara adiante), ou tres dedas, están fusionadas, como no martiño peixeiro Megaceryle alcyon. Isto é característico dos Coraciiformes (martiños peixeiros, abellarucos, rolieiros, e parentes).

CigodactiliaEditar

 
Un guacamaio Ara chloropterus que ergueu a pata ata o seu peteiro.

A cigodactilia (do grego ζυγος, zigos, 'par') é unha disposición das dedas das aves e camaleóns, con dúas dedas que se dirixen cara adiante (díxitos 2 e 3) e dúas cara atrás (díxitos 1 e 4). Esta disposición é máis común nas especies arbóreas, especialmente aquelas que gabean polos troncos das árbores ou escalan a través da follaxe. A cigodactilia aparece nos papagaios, petos, cucos (tamén os correcamiños Geococcyx), e algúns mouchos. Marcas fósiles de cigodactilia atopáronse desde hai 120–110 millóns de anos (inicios do Cretáceo), 50 millóns de anos antes dos primeiros fósiles cigodáctilos identificados. Todos os Psittaciformes, Cuculiformes, a maioría dos Piciformes e a rapaz Pandion haliaetus son cigodáctilos. [2]

HeterodactiliaEditar

A heterodactilia é similar á cigodactilia, excepto en que as dedas 3 e 4 están dirixidas cara adiante e as dedas 1 e 2 cara atrás. Atópase só nos Trogonidae.[3]

PamprodactiliaEditar

A pamprodactilia é unha disposición na cal as catro dedas apuntan cara adiante, as dedas máis externas (deda 1 e ás veces a 4) son a miúdo reversibles. É caracterísitco dos cirrios (Apodidae) e os paxaros rato (Coliidae).

CamaleónsEditar

Os pés dos camaleóns está organizados en conxuntos formados por un grupo de dous dedos e un grupo de tres, opostos entre si para así formar unha especie de pinza coa que se agarran mellor ás pólas. Esta condición tense denominado cigodactilia ou didactilia, pero a disposición específica nos camaleóns non se axusta exactamente a estas definicións. Os pés das patas dianteiras dos camaleóns, por exemplo, están organizados formando un conxunto medio coas dedas 1, 2 e 3, e un conxunto lateral coas dedas 4 e 5, mentres que o pé das patas traseiras está organizado nun conxunto medio coas dedas 1 e 2, e un conxunto lateral coas dedas 3, 4 e 5.[4] Por outra parte, a cigodactilia por definición, implica que as dedas 1 e 4 se opoñan ás dedas 2 e 3, pero os camaleóns non mostran esta disposición nin nos pés dianteiros nin nos traseiros. Ademais, a didactilia implica que só hai dous dedas nas extremidades, cando os camaleóns teñen cinco, aínda que están agrupados en dous conxuntos opostos.

EsquizodactiliaEditar

Esquizodactilia é un termo usado en primates para indicar que se agarran ou colgan usando o segundo e terceiro dedos, en vez de utilizar o polgar e o segundo dedo.

NotasEditar

  1. József Zákány; Catherine Fromental-Ramain; Xavier Warot & Denis Duboule (1997). "Regulation of number and size of digits by posterior Hox genes: A dose-dependent mechanism with potential evolutionary implications". PNAS 94: 13695–13700. Bibcode:1997PNAS...9413695Z. PMC 28368. PMID 9391088. doi:10.1073/pnas.94.25.13695. 
  2. "Earliest zygodactyl bird feet: evidence from Early Cretaceous roadrunner-like tracks". Naturwissenschaften 94: 657–665. 2007. doi:10.1007/s00114-007-0239-x. 
  3. Botelho, João Francisco; Smith-Paredes, Daniel; Nuñez-Leon, Daniel; Soto-Acuña, Sergio; Vargas, Alexander O. (2014-08-07). "The developmental origin of zygodactyl feet and its possible loss in the evolution of Passeriformes". Proceedings of the Royal Society of London B: Biological Sciences (en inglés) 281 (1788): 20140765. ISSN 0962-8452. PMC 4083792. PMID 24966313. doi:10.1098/rspb.2014.0765. 
  4. Anderson, Christopher V. & Higham, Timothy E. (2014). "Chameleon anatomy". En Tolley, Krystal A. & Herrel, Anthony. The Biology of Chameleons. Berkeley: University of California Press. pp. 7–55. ISBN 9780520276055. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar