Sinagoga española de Praga
A Sinagoga española (en hebreo: בית הכנסת הספרדי, en checo: Španělská synagoga) é unha sinagoga que se atopa no barrio Josefov de Praga e que está inspirada na sinagoga vienesa de Leopoldstädter Tempel.
Sinagoga española de Praga | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | sinagoga ![]() | |||
Estilo | arquitectura neoárabe, funcionalismo e historicismo ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Arquitecto/a | Vojtěch Ignác Ullmann e Josef Niklas ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1868 ![]() | |||
Inauguración | 1868 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
País | República Checa | |||
Concello con privilexios | Praga | |||
Distrito administrativo | Praga 1 ![]() | |||
Localización | Josefov ![]() | |||
Rúa | Dušní (en) ![]() ![]() ![]() | |||
Enderezo | Dušní ulice, Staré Město, Praha ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Monumento cultural da República Checa | ||||
Identificador | 38881/1-459 | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | jewishmuseum.cz… ![]() | |||
[ Wikidata ] |

O seu nome débese, probablemente, ó feito de que presenta un estilo mourisco moi semellante ó desenvolvido en monumentos andaluces como, por exemplo, a Alhambra.[1]
Foi construída entre 1868-1893 e reparada na década de 1990 trala ocupación nazi da segunda guerra mundial, na cal o edificio foi usado como almacén para bens confiscados ós xudeus.
Historia
editarNo lugar onde no presente se atopa a sinagoga antes houbo outro templo xudeu coñecido como Altshul ou Stará škola (A Escola Vella). Foi construída entre os séculos XI e XII, e a información máis antiga que existe dela é do ano 1142. Entre os anos 1836 e 1845 traballou como organista František Škroup, o autor do himno nacional checo Kde domov můj? (Onde está o meu fogar?).
Notas
editar- ↑ «Spanish Synagogue» (en inglés)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sinagoga española de Praga |
Bibliografía
editar- Pařík, Arno, Dana Cabanová a Petr Kliment, Pražské synagogy = Prague Synagogues = Prager Synagogen, 2. vydání, Praha: Židovské muzeum v Praze, 2011, s. 87–97.
- Alina Heitlinger In the Shadows of the Holocaust and Communism:Czech and Slovak Jews Since 1945, Transaction Publishers, New Brunswick, New Jersey, 2006 s.181