Simone Saibene

director de cine galego

Simone G. Saibene, nado en Busto Arsizio (Lombardía) o 29 de outubro de 1977, é un director de cine galego de orixe italiana.

Simone Saibene
Nacemento29 de outubro de 1977
 Busto Arsizio
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirector de cinema
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou Ciencias da Comunicación na Universidade Libre de Lingua e Comunicación de Milán (Libera Università di Lingue e Comunicazione, IULM). Licenciouse con matrícula de honra en 2003 coa tese Para unha xeografía do cine. A rexionalización do cine español: o caso de Galicia.

Entre 2006 e 2010 traballou como programador, animador cultural e redactor de publicacións na Fundación Cultural San Fedele de Milán. Dende 2010 vive en Ourense, onde fundou a produtora e distribuidora Noveolas Producciones.

Asistiu a cursos de teatro, música e fotografía. Docente e coordinador de ciclos de cine, xornalista publicista e crítico audiovisual, colabora e colaborou con medios e institucións como a revista de cine Duellanti, o Instituto Cervantes de Milán, o Centro Galego de Artes da Imaxe da Coruña, a ESAP do Porto e a Universidade de Vigo. Formou parte do xurado na XV edición do Festival Internacional de cine de Ourense, na VIII Mostra Internacional de Escolas de Cinema de Porto e no 17º Avanca Film Festival.

En 2006 gañou o Premio Artivisive San Fedele (Milán) coa curtametraxe experimental Il furto della zucca, gravada entre Suíza e Italia.

En 2016 dirixiu o filme Pelerinaxes, con Carmen Méndez, Alfonso Míguez, Isabel Risco e Ruth Sabucedo, baseado no libro Pelerinaxes I de Ramón Otero Pedrayo.

ObraEditar

  • Contrappunto: Gabriele Carpani, contrabbassista (documental, 2003)
  • Patmos (Apocalypsi) (documental, 2004)
  • Il furto della zucca (curtametraxe, 2006)
  • Retorno a San Andrés (curtametraxe, 2007)
  • 9 ondas (longametraxe, 2013)
  • Coma ventos fuxidos (curtamentraxe, 2014; proxecto Nimbos)
  • Kuti Khanti (curtametraxe, 2014)
  • Pelerinaxes (2016)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

  • Simone Saibene, na web de CREA, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia.