9 ondas
9 ondas é un filme galego de 2013 dirixido por Simone Saibene. O filme foi producido mediante crowdfunding e cun orzamento total de 23.000€.
9 ondas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 9 ondas |
Director | Simone Saibene |
Produtor | Simone Saibene |
Guión | Simone Saibene |
Intérpretes | Darío Merlini María Tasende Isabel Risco |
Música | Alex Álvarez Espinosa |
Fotografía | Lucía C. Pan Jairo Iglesias |
Montaxe | Jairo Iglesias |
Estudio | Noveolas Producciones |
Estrea | 10 de decembro de 2013 |
Duración | 96 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Drama |
Orzamento | 23.000 € |
Recadación | 1.334,30 €[1] |
Na 12ª edición dos Premios Mestre Mateo obtivo un só nomeamento na categoría de mellor filme, mais finalmente non conseguiu o galardón.
Sinopse
editarNa fronteira entre Galicia e Portugal un home detense a beber auga dunha fonte e perde a memoria.
Personaxes
editar- Darío Merlini como Joao/Manolo/Manu
- María Tasende como María
- Isabel Risco
- Miguel Manzano como Iván
- Emilio Parado como pai de María
- Geli Rodríguez como Begoña
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
12ª edición | Mellor filme | Simone Saibene | Nomeado |
Notas
editar- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de 9 ondas". Consultado o 17 de febreiro de 2020.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- 9 ondas na IMDb (en inglés).
- Ficha en Cultura Galega