Simeón Blanco-Cicerón García

médico, xornalista e escritor galego
(Redirección desde «Simeón Blanco Cicerón»)

Simeón Blanco-Cicerón García, nado en Santiago de Compostela, foi un médico, xornalista e escritor galego.

Infotaula de personaSimeón Blanco-Cicerón García

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , médico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiRicardo Blanco-Cicerón Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 213133

Traxectoria editar

Fillo de Ricardo Blanco-Cicerón, en 1914 licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela[1], e estableceuse en Madrid nos anos vinte.

Publicou o poemario La noche clara (1922)[2], con prólogo de José María Carretero Novillo, «El Caballero Audaz»[3]. Colaborou en El Pueblo Gallego. En 1925 foi premiado un relato seu no Certame literario de Murcia[4] e en 1930 obtivo un premio no Certame Nacional de periodismo tradicionalista de Valencia.[5] En 1941 publicou en Madrid o poemario La escondida senda.

Obras editar

  • La noche clara, 1922.
  • La escondida senda, 1941.

Notas editar

  1. Gaceta de Galicia, 11-6-1914, p. 2.
  2. Vida Gallega, 25-7-1923, p. 9-10.
  3. Couceiro Freijomil, A. (1951). "Blanco Cicerón, Simeón". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 154. 
  4. El Pueblo Gallego, 3-10-1925, p. 8.
  5. El Eco de Santiago, 11-3-1930, p. 2.