Silvia Aguete

xogadora galega de fútbol sala

Silvia Aguete Outón, nada en Pontevedra o 11 de xaneiro de 1987, é unha xogadora fútbol sala galega, que xoga de porteira no Marín Futsal da Primeira División. Considerada como unha das mellores xogadoras da súa xeración, desenvolveu toda a súa carreira en Galicia, principalmente no Poio Pescamar. Foi elixida mellor porteira do mundo en 2019,[1] así como segunda mellor gardameta en 2018 e 2021.[2] Na tempada 2017/18 recibiu o premio á mellor porteira da Primeira División.[3]

Silvia Aguete
Información persoal
Nome Silvia Aguete Outón
Nacemento 11 de xaneiro de 1987
Lugar de nacemento Pontevedra
Posición Porteira
Información de club
Club actual Marín Futsal
Número 1
Carreira xuvenil
Queiroga
Leis
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
–2013 Leis
2013–2015 Poio Pescamar 55 (2)
2015–2016 O Pirata FS Moaña
2016–2021 Poio Pescamar 97 (3)
2021– Marín Futsal 25 (2)
Selección nacional
2013– España 50 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 2 de abril de 2023
Selección: actualizado a 2 de abril de 2023.editar datos en Wikidata ]

Internacional coa selección española dende 2013, conquistou con esta as tres primeiras Eurocopas da historia, sendo titular nas tres finais.

Traxectoria editar

Comezou a xogar ao fútbol sala aos sete anos, no equipo dunha asociación contra o cancro.[4] Máis tarde pasou ao Queiroga, equipo de Pontevedra que acabou por fusionarse coa sección feminina do Leis. Militou no Leis ata 2013 e as súas grandes actuacións valéronlle a súa fichaxe por un club da máxima categoría, o Poio Pescamar.[5]

No Poio xogou dúas tempadas, ambas na Primeira División, sendo a gardameta titular do equipo. Na tempada 2015/16, aparcou temporalmente a súa carreira como futbolista profesional para rematar os seus estudos universitarios.[6] Durante ese tempo xogou no modesto club O Pirata FS Moaña da Liga Galega, ao que se incorporou tamén a súa compañeira no Poio Lucía Souto.[7] O equipo de Moaña, creado só un ano antes, superou todas as expectativas e conseguiu o ascenso á Segunda División nacional.[7]

Para a campaña 2016/17 regresou ao Poio Pescamar, no que xogou durante os seguintes cinco anos, rematando sempre a liga entre os sete primeiros clasificados.[8] Vestindo a camiseta do club poiense, foi elixida mellor porteira do mundo en 2019 nos Futsal Awards, despois de ser segunda o ano anterior.[1][9]

En xullo de 2021, despois de desvencellarse do Poio, converteuse na primeira fichaxe que realizaba o Marín Futsal para afrontar o seu debut na Primeira División.[10] Durante a súa primeira campaña conseguiu o oitavo posto na liga, ao tempo que preparaba as oposicións a funcionaria de prisións.[11] Ademais, foi elixida de novo como segunda mellor porteira do mundo nos Futsal Awards correspondentes ao 2021.[12]

Selección nacional editar

Debutou coa selección española en novembro de 2013, nun partido amigable contra Portugal. En 2014 participou no Campionato do Mundo celebrado en Costa Rica, onde logrou o terceiro posto.[13][14] En 2018 xogou a fase de clasificación para a primeira Eurocopa da historia, e en 2019 participou na fase final do propio torneo, que se disputou na vila portuguesa de Gondomar. Alí foi titular na final ante a selección anfitrioa e proclamouse campioa de Europa despois de gañar por 4-0.

Volveu ser a porteira titular de España na Eurocopa de 2022, onde tivo unha destacada actuación na final. Despois de deter dous dobres penaltis na prórroga, o partido foi á quenda de penaltis e Silvia Aguete foi decisiva ao deter os lanzamentos de Ana Azevedo (mellor xogadora do torneo) e Ana Pires, dándolle así a España o seu segundo título.[15] Un ano despois celebrouse en Debrecen a terceira edición da Eurocopa, e a selección española, de novo con Silvia na portería, confirmou o seu absoluto dominio do fútbol sala europeo, gañando o título na final ante Ucraína.[16]

Estatísticas editar

Club Div. Tempada Liga Copas
nacionais
Torneos
internacionais(2)
Total(3)
Part. Goles     Part. Goles     Part. Goles     Part. Goles    
  Leis Pontevedra
2.ª
- - - - - - - - - - - - - -
Total club - - - - - - - - - - - - - - - -
  Poio Pescamar FS
1.ª
2013-14 27 0 1 0 - - - - - - - - 27 0 1 0
2014-15 28 2 1 0 - - - - - - - - 28 2 1 0
Total club 55 2 2 0 - - - - - - - - 55 2 2 0
  Pirata O Moaña
2.ª
2015-16 - - - - - - - - - - - - - - -
Total club - - - - - - - - - - - - - - - -
  Poio Pescamar FS
1.ª
2016-17 28 1 2 0 1 0 0 0 - - - - 29 1 2 0
2017-18 26 0 0 0 1 0 0 0 - - - - 27 0 0 0
2018-19 24 2 1 0 1 0 0 0 - - - - 25 2 1 0
2019-20 11 0 0 0 3 0 0 0 - - - - 14 0 0 0
2020-21 8 0 0 1 2 0 0 0 - - - - 10 0 0 1
Total club 97 3 3 1 8 0 0 0 - - - - 105 3 3 1
  Marín Futsal
1.ª
2021-22 25 2 0 0 3 0 0 0 - - - - 28 2 0 0
Total club 25 2 0 0 3 0 0 0 - - - - 28 2 0 0
Total carrera 177 7 5 1 11 0 0 0 - - - - 188 7 5 1
(1) Inclúe datos da Copa de España / Supercopa de España.
(2) Inclúe datos de Campionato de Europa de Clubs.
(3) Non Inclúe datos de partidos amigables.

Palmarés editar

Selección española

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Silvia Aguete: "Este premio es un orgullo porque refleja el trabajo de un año"". Diario de Pontevedra (en español). 28 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  2. "El año de Silvia Aguete bajo palos". La Voz de Galicia (en español). 2 de enero de 2018. Consultado o 7 de enero de 2019. 
  3. "Silvia Aguete, del Poio, recibe el premio a mejor portera del año". La Voz de Galicia (en español). 20 de diciembre de 2018. Consultado o 7 de enero de 2019. 
  4. Saiz, Cristina; Ciordia, Marisa (28 de marzo de 2020). "RADIO.- La playlist de... Silvia Aguete, la mejor portera del mundo en fútbol sala". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023. 
  5. Martínez, Juan (5 de xullo de 2013). "El Poio Pescamar ficha a Silvia Aguete, del Leis 26". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023. 
  6. "La súper rojilla que defiende siempre la portería pequeña". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de outubro de 2017. Consultado o 2 de abril de 2023. 
  7. 7,0 7,1 Collarte, César (10 de maio de 2016). "Las guerreras del fútbol sala moañés". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023. 
  8. "CONOCIENDO A… SILVIA AGUETE". A Fervenza (en español). 28 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2021. Consultado o 7 de enero de 2019. 
  9. "Silvia Aguete, segunda mejor portera del mundo". Faro de Vigo (en castelán). 3 de xaneiro de 2019. Consultado o 2 de abril de 2023. 
  10. "Silvia Aguete elige el proyecto del Marín Futsal". Pontevedra Viva (en castelán). 7 de xullo de 2021. Consultado o 2 de abril de 2023. 
  11. G. G., Xurxo (16 de decembro de 2021). "Antes portera que opositora". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023. 
  12. "Silvia Aguete, del Marín Futsal, elegida como segunda mejor portera del mundo" (en castelán). 18 de xaneiro de 2022. Consultado o 2 de abril de 2023. 
  13. "Silvia Aguete y Ceci, convocadas para el Torneo Mundial de Costa Rica". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de novembro de 2014. Consultado o 2 de abril de 2023. 
  14. "España se desquita ante las anfitrionas y se apunta el tercer puesto" (en castelán). 16 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2017. Consultado o 2 de abril de 2023. 
  15. Dapena, Almu (3 de xullo de 2022). "Silvia Aguete, protagonista en los penaltis para dar a España su segunda Eurocopa". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023. 
  16. "Raíñas de Europa". Diario de Pontevedra. 20 de marzo de 2023. Consultado o 2 de abril de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar