Siervo González Rivas
Siervo González Rivas, nado en Mondoñedo en 1886 e finado no mesmo concello o 11 de xaneiro de 1938, foi un sindicalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1886 Mondoñedo, España |
Morte | 11 de xaneiro de 1938 (51/52 anos) Mondoñedo, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | cemiterio vello de Mondoñedo |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Membro de | |
Traxectoria
editarFuncionario municipal do concello de Mondoñedo, era recadador de arbitrios. Na Segunda República Española foi dirixente do Sindicato Único de Profesiones Varias de Mondoñedo (CNT) e elixido presidente da Comisión Inspectora da Oficina Local de Colocación Obrera en 1934.
Nas eleccións de 1933 presentouse como candidato pola Unión Socialista Galega pola provincia de Lugo. Foi dirixente do Partido Sindicalista en 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sometido a depuración e expulsado do seu posto.
Foi asasinado en Mondoñedo o 11 de xaneiro de 1938, xunto con Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez. Os seus cadáveres apareceron na Travesa dos Remedios.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar