Graciano Paz Amieiro
sindicalista e político galego
Graciano Paz Amieiro, coñecido como O Latoeiro, nado en Mondoñedo en 1893 e finado no mesmo concello o 11 de xaneiro de 1938, foi un sindicalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1893 Mondoñedo, España |
Morte | 11 de xaneiro de 1938 (44/45 anos) Mondoñedo, España |
Lugar de sepultura | cemiterio vello de Mondoñedo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Tesoureiro da Sociedade de obreiros católicos de 1926 a 1932, logo foi directivo do Sindicato de oficios varios da CNT e militante da Unión Socialista Galega. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi asasinado en Mondoñedo o 11 de xaneiro de 1938, o seu cadáver apareceu na Travesa dos Remedios.