Sica (filme)
Sica é un filme español de 2023 escrito e dirixido por Carla Subirana. O filme rodouse na Costa da Morte e presentouse na 73ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín en febreiro de 2023, concretamente na sección "Generation". Foi o filme de peche do Festival Internacional de Barcelona-Sant Jordi en abril de 2023.[2]
Sica | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Sica |
Director | Carla Subirana |
Intérpretes | Thais García Blanco Núria Prims Lois Soaxe |
Estrea | 2023 |
Duración | 91 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama |
Recadación | 36.392,36 €[1] |
Na rede | |
A música é de Xavier Font e a fotografía de Mauro Herce.[3] A produción, de Alba Sotorra, Miramemira, Zuzú Cinema, Amorambre Films e Filmmarket Fund,[4] contou coa participación de TV3. Foi rodado maioritariamente en galego e tamén en catalán.[4]
Sinopse
editarO filme explica a busca realizada por unha moza de 14 anos, Sica, obsesionada con que o mar devolva o cadáver do seu pai logo dun naufraxio na Costa da Morte, en Galicia. Sica busca obsesivamente a voz do seu pai nun gran buraco: a Furna das Grallas.[5][3]
Personaxes
editar- Thais García Blanco como Sica
- Núria Prims como Carmen
- Lois Soaxe como o portugués
Notas
editar- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Sica". Consultado o 13 de febreiro de 2024.
- ↑ CCMA, ed. (31 de xaneiro de 2023). ""Sica", amb la participació de TV3, clausurarà la setena edició del BCN FILM FEST". Consultado o 15 de febreiro de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 Filmaffinity (ed.). "Sica" (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 El Punt Avui, ed. (15 de febreiro de 2023). "El cinema català torna a la Berlinale amb cinc produccions". Consultado o 15 de febreiro de 2023.
- ↑ CCMA (ed.). ""Sica", de Carla Subirana, seleccionada a la Berlinale". Consultado o 15 de febreiro de 2023.