Abrir o menú principal

Shmuel Yosef Agnon

Shmuel Yosef Agnon (en hebreo שמואל יוסף עגנון), nado o 17 de xullo de 1888 en Buczacz, Reino de Galicia e Lodomeria (Imperio Austrohúngaro, hoxe Ucraína) e finado o 17 de febreiro de 1970 en Xerusalén (Israel), foi un escritor israelí de lingua hebrea, premio Nobel de Literatura en 1966.

Shmuel Yosef Agnon
Nobel prize medal.svg
Agnon.jpg
Nome completoשמואל יוסף טשאַטשקעס
Nacemento17 de xullo de 1888
 Buchach
Falecemento17 de febreiro de 1970
 Xerusalén e Rehovot
SoterradoCemiterio xudeu do Monte das Oliveiras
NacionalidadeImperio Austrohúngaro, Imperio Alemán, República de Weimar, Mandato británico de Palestina e Israel
Ocupaciónescritor, novelista e poeta
FillosEmuna Yaron
Coñecido/a porTel ou tel, The Bridal Canopy, Invité pour la Nuit, Those Were the Days, Une histoire simple, Days of Awe e sen etiquetar
PremiosPremio Nobel de Literatura, Bialik Prize, Prêmio Israel, Bialik Prize, Prêmio Israel e honorary doctorate of the Weizmann Institute
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nado, co nome de Shmuel Yosef Czaczkes, na Galicia austríaca (agora en Ucraína), educado polo seu pai, un comerciante de peles seguidor do hasidismo, cando tiña 8 anos comezou a escribir en hebreo e yiddish. Aos 15 anos escribiu a súa primeira obra creativa, un poema en yiddish verbo dun cabalista, e continou a editar poemas e historias en hebreo e yiddish, ata un total de 70 pezas ata que en 1908 emigrou a Iafa (Palestina), influído polo movemento sionista. Na súa primeira obra publicada en Palestina (Agunot) empregou o acume de Agnon, que se converteu no seu nome literario, e en 1924 o seu apelido oficial.

En 1913 trasládase a Alemaña, en 1924 o lume queima a súa casa, destruíndo todos os seus manuscritos, nese mesmo ano retorna a Xerusalén, pero en 1929 a súa biblioteca foi destruída de novo nunha revolta árabe.

A publicación de Hakhnasat Kalah (O enxoval da noiva) (1931), novela épica na que describe a Galitzia xudía de comezos do XIX, fixo de Agnon unha figura central da literatura hebrea. As súas obras representan a fusión da ironía, relato relixioso, experimentalismo e surrealismo, e a lingua empregada representa un compromiso entre o hebreo bíblico e o neohebreo.

ObrasEditar

  • Agunot (Esposas abandonadas), 1908.
  • Sippure Ahawin, 1925.
  • Hakhnasath Kallah (O enxoval da noiva), 1931.
  • Nidach, 1931.
  • Sipur Pashut (Unha simple historia) 1935.
  • Ore'ah Nata Lalun (Un convidado para a noite), 1939.
  • Yamim Nora'im (Días de temor) 1938.
  • Sefer, sofer, vesipur, 1938.
  • Shevu'at Emunium, 1943.
  • Temol Shilshom (Antonte), 1945.
  • Sefer Hamaasim, 1951.
  • Chemdat, 1952.