Setebos é unha lúa irregular de movemento retrógrado do planeta Urano, descuberta o 18 se xullo de 1999 por John J. Kavelaars e o seu equipo. e provisionalmente designada coma S/1999 U 1.[4] Confirmada coma Urano XIX, recibiría o nome do deus o cal adoraban Calibán e Sicorax, personaxes da obra de William Shakespeare, A Tempestade.

Setebos
Descubrimento
Descuberta por John J. Kavelaars,
Brett J. Gladman,
Matthew J. Holman,
Jean-Marc Petit,
e Hans Scholl
Descuberta en 18 de xullo do 1999
Características orbitais
Radio orbital medio 17.418.000 km[1][2]
Excentricidade 0,5914[2]
Período orbital 2225,21 d
Inclinación 158° (respecto da eclíptica)[3]
é satélite de Urano
Características físicas
Radio medio 24 km (estimado)[1]
Área superficial ~7.200 km2 (estimada)
Volume ~58.000 km³ km3(estimado)
Masa ~7,5 x 1016 kg (estimada)
Densidade media 1,3 g/cm3 (asumida)
Gravidade superficial ~0,0063 m/s2 (estimada)
Velocidade de escape ~0,0204 km/s (estimada)
Período de rotación ?
Oblicuidade da eclíptica ?
Albedo 0,04 (asumido)[3]
Temperatura superficial ~65 K (estimada)

Os parámetros orbitais suxiren que podería formar, xunto con Sicorax e Próspero un grupo dinámico, cunha orixe en común.[5] Pero esta posibilidade non parece estar apoiada nas cores observadas, xa que a lúa amosa unha cor neutral (gris) no espectro visible (índice de cores B-V=0,77, R-V=0,35)[6] , semellante a Próspero pero diferente a Sicorax (a cal é de cor vermella).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Sheppard 2005, p. 523
  2. 2,0 2,1 Donald K. Yeomans (28-06-2007). JPL/NASA, ed. "Planetary Satellite Mean Orbital Parameters". Consultado o 19-01-2008. 
  3. 3,0 3,1 Scott S. Sheppard; David C. Jewitt, Jan Kleyna (2005). "An Ultradeep Survey for Irregular Satellites of Uranus: Limits to Completeness" (PDF). The Astronomical Journal 129 (1): 518–525. doi:10.1086/426329. Arxiv:astro-ph/0410059. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 19-09-2009. Consultado o 20-10-2009. Table 3 ... ri (km) ... 36 ... i Radius of satellite assuming a geometric albedo of 0.04. 
  4. B. Gladman, JJ Kavelaars, Matthew J. Holman, J-M. Petit, H. Scholl, P. Nicholson, J. A. Burnse The Discovery of Uranus XIX, XX, and XXI, Icarus, 147 (2000), pp. 320–324
  5. Grav, Tommy; Holman, Matthew J.; Gladman, Brett J.; Aksnes, Kaare Photometric survey of the irregular satellites,Icarus, 166,(2003), pp. 33-45. Preprint
  6. Tommy Grav, Matthew J. Holman, and Wesley C. Fraser Photometry of Irregular Satellites of Uranus and Neptune,The Astrophysical Journal, 613, (2004), pp. L77–L80. Preprint

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar