Próspero é unha lúa irregular de movemento retrógrado do planeta Urano, descuberta o 18 se xullo de 1999 polo astrofísico Matthew Holman e o seu equipo, e recibiu a designación temporal de S/1999 U 3. Confirmada coma Urano XVIII, recibiría máis tarde o nome do bruxo Próspero, personaxe da obra de William Shakespeare, A Tempestade.

Próspero
Descubrimento
Descuberta por John J. Kavelaars,
Brett J. Gladman,
Matthew J. Holman,
Jean-Marc Petit,
e Hans Scholl
Descuberta en 18 de xullo do 1999
Características orbitais
Radio orbital medio 16.256.000 km[1][2]
Excentricidade 0,4448[2]
Período orbital 1978,29 d
Inclinación 152°[1] (respecto da eclíptica)[3]
é satélite de Urano
Características físicas
Radio medio 25 km (estimado)[3]
Área superficial ~8.000 km2 (estimada)
Volume ~65.000 km³ km3(estimado)
Masa ~8,5 x 1016 kg (estimada)
Densidade media 1,3 g/cm3 (asumida)
Gravidade superficial ~0,0063 m/s2 (estimada)
Velocidade de escape ~0,021 km/s (estimada)
Período de rotación ?
Oblicuidade da eclíptica ?
Albedo 0,04 (asumido)[3]
Temperatura superficial ~65 K (estimada)

Os parámetros orbitais suxiren que podería formar, xunto con Sicorax e Setebos un grupo dinámico, cunha orixe en común.[4] Pero esta posibilidade non parece estar apoiada nas cores observadas, xa que a lúa amosa unha cor neutral (gris) no espectro visible (índice de cores B-V=0,80, R-V=0,39)[5] , semellante a Setebos pero diferente a Sicorax (a cal é de cor vermella).

  1. 1,0 1,1 Sheppard 2005, p. 523
  2. 2,0 2,1 Jacobson, R.A. (2003) URA067 (28-06-2007). JPL/NASA, ed. "Planetary Satellite Mean Orbital Parameters". Consultado o 2008-01-23. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Scott S. Sheppard; David C. Jewitt, Jan Kleyna (2005). "An Ultradeep Survey for Irregular Satellites of Uranus: Limits to Completeness" (PDF). The Astronomical Journal 129 (1): 518–525. doi:10.1086/426329. Arxiv:astro-ph/0410059. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 19-09-2009. Consultado o 20-10-2009. Table 3 ... ri (km) ... 36 ... i Radius of satellite assuming a geometric albedo of 0.04. 
  4. Grav, Tommy; Holman, Matthew J.; Gladman, Brett J.; Aksnes, Kaare Photometric survey of the irregular satellites,Icarus, 166,(2003), pp. 33-45. Preprint
  5. Tommy Grav, Matthew J. Holman, and Wesley C. Fraser Photometry of Irregular Satellites of Uranus and Neptune,The Astrophysical Journal, 613, (2004), pp. L77–L80. Preprint

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar