Seseña

Coordenadas: 40°06′18″N 3°42′08″O / 40.10500, -3.70222

Seseña é un concello español da provincia de Toledo, en Castela-A Mancha. É limítrofe coa Comunidade de Madrid e atópase a 36 km do centro de Madrid. Pertence á histórica comarca de La Sagra.

Seseña
Bandera de Seseña.svg
Escudo de Seseña.svg
Ayto Seseña (8852088094).jpg
Casa do Concello.
Localización
Seseña en España
Seseña
Seseña
Seseña en Provincia de Toledo
Seseña
Seseña
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCastela-A Mancha Castela-A Mancha
ProvinciaToledo
Xeografía
Altitude598 msnm
Superficie72,68 km²
Demografía
Poboación21 558 hab. (2015)
Densidade290,6 hab./km²
XentilicioSeseñero/a
Outros datos
Código postal45223-45224
AlcaldeCarlos Velázquez Romo (PP)
Páxina oficial

Tiña en 2015 unha poboación de 21.558 habitantes, repartidos en cinco núcleos de poboación: Seseña Viejo, La Estación, Seseña Nuevo (a 4 km do núcleo principal), Vallegrande e El Quiñón.

HistoriaEditar

Esta terra, pola súa proximidade a unha zona de regadío, está presente desde temperáns tempos, na historia da provincia de Toledo. No século XII, Afonso VIII dá ao bispo Alderico, da catedral de Sigüenza, unha herdade preto do Jarama e do Texo, que despois cambia o rei co bispo por un muíño en Berlanga. O mesmo soberano fixo concesións sobre as salinas de Las Espartinas. Foi vila do señorío do infante don Felipe, comprendido no estado de Chinchón. A vila repóboase a mediados do século XV, durante o reinado de Xoán II, que para mantela fai mercé aos seus veciños da metade do termo de Las Espartinas; doazón que logo confirma o seu sucesor Henrique IV.

En 1936, durante a Guerra Civil Española, tivo lugar a batalla de Seseña, unha confrontación que durou meses e que deixou a maioría de edificacións parcial ou completamente destruídas polo que se decidiu construír Seseña Nuevo (a 4 quilómetros de Seseña Viejo).

O 13 de maio de 2016 desátase na localidade o incendio do maior vertedoiro de pneumáticos de Europa, declarado ilegal xa en 2003, producindo unha columna de fume visible desde a cidade de Madrid. Foi unha das maiores catástrofes ambientais no país desde o afundimento do Prestige na costa galega.[1]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar