La Sagra é unha comarca de Toledo, España. Esténdese desde o bordo occidental de Madrid até a cidade de Toledo. A toledana porta de Bisagra é o acceso directo da capital da provincia á comarca da Sagra; que conta cuns 1000 km² de superficie, que se ve limitada ao noroeste pola conca do Guadarrama mentres que polo sueste atópase o Texo.

Situación da comarca na provincia de Toledo.

É unha xeografía chaira, suavemente ondulada, sen chegar, ou faino escasamente, aos 600 metros de altitude media.

La Sagra é moi apta para o cultivo de cereais, de vexetación esteparia nos predios non cultivados, con algúns viñedos -Esquivias- e algúns campos de oliveiras.

Municipios editar

Municipio Poboación Superficie Densidade
Illescas 23.627 57 414,51
Seseña 18.504 73 253,48
Yuncos 10.043 15 669,53
Bargas 9.666 40 241,65
Olías del Rey 7.002 40 175,05
Esquivias 5.474 25 218,96
Añover de Tajo 5.412 40 135,30
Casarrubios del Monte 5.380 96 56,04
Ugena 5.193 15 346,20
Yeles 5.170 20 258,50
Mocejón 4.908 16 306,75
Numancia de la Sagra 4.828 30 160,93
Carranque 4.285 25 171,40
Valmojado 4.175 26 160,58
Recas 4.074 31 131,42
Villaluenga de la Sagra 4.030 27 149,26
Chozas de Canales 3.988 33 120,85
El Viso de San Juan 3.755 53 70,85
Yuncler 3.573 18 198,5
Alameda de la Sagra 3.487 33 105,67
Borox 3.435 60 57,25
Pantoja 3.392 28 121,14
Las Ventas de Retamosa 3.246 19 170,84
Cedillo del Condado 3.204 26 123,23
Magán 3.091 29 106,59
Cobeja 2.399 18 133,28
Lominchar 2.321 22 105,50
Cabañas de la Sagra 1.968 16 123,00
Villaseca de la Sagra 1.866 32 58,31
Palomeque 944 22 42,91
Yunclillos 845 31 27,26

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar