Serxio I, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Serxio I (Palermo – 8 de setembro de 701) foi Papa da Igrexa católica desde o 15 de decembro de 687 ata a súa morte.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 650 Palermo (Imperio Bizantino) |
Morte | 12 de setembro de 701 (50/51 anos) Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
84º Papa | |
18 de decembro de 687 – 8 de setembro de 701 (Gregoriano) ← Conon – Xoán VI → | |
Cardeal | |
683 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 8 de setembro |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
A súa familia era orixinaria de Antioquía en Siria. Entrou na vida clerical moi novo, vivindo en Roma. Á morte do papa Conon reábrense as tensións no seo da Igrexa: o clero romano elixiu papa ao arquidiácono Pascual e a milicia romana elixía o presbítero Teodoro.
Pero, co apoio de Xoán II, exarca de Rávena, consagrouse a Serxio I como Papa e conseguiu poñer fin ao cisma, non sen ser acusado de simonía por pagar ao exarca para ser elixido papa. Durante o seu pontificado celebrouse en Constantinopla (691-692) un concilio convocado polo emperador Xustiniano II, coñecido como o Segundo Concilio Trullano e que non foi recoñecido polo Papa o que provocou o enfrontamento entre o papado e o Imperio Bizantino. Serxio I introduciu o Agnus Dei na misa.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |