Sergio Fajardo
Sergio Fajardo Valderrama, nado en Medellín o 19 de xuño de 1956, é un político, matemático, profesor universitario colombiano e candidato a presidente da República de Colombia. Foi Alcalde de Medellín de 2004 a 2007 e Gobernador do departamento de Antioquia de 2012 a 2015. Nas eleccións presidenciais de 2018 é candidato pola Coalición Colombia conformada polo Polo Democrático Alternativo, a Alianza Verde e o Movemento Compromiso Cidadán.[1]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xuño de 1956 ![]() Medellín, Colombia ![]() |
Governor of Antioquia (en) ![]() | |
1 de xaneiro de 2012 – 1 de xaneiro de 2016 ← Luis Alfredo Ramos Botero (pt) ![]() ![]() | |
Alcalde de Medellín | |
1 de xaneiro de 2004 – 1 de xaneiro de 2008 ← Luis Pérez Gutiérrez (en) ![]() ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Colombia ![]() |
Educación | Universidade Nacional de Córdoba (pt) ![]() Universidade de Wisconsin-Madison - magister degree (en) ![]() Universidade dos Andes - matemático (–1977) Universidad de Antioquia (en) ![]() ![]() |
Director de tese | Howard Jerome Keisler (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Proceso estocástico e teoria dos modelos (pt) ![]() ![]() |
Ocupación | matemático , profesor universitario , ecoloxista , político , xornalista ![]() |
Partido político | Green Party (en) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua castelá e lingua inglesa ![]() |
Familia![]() | |
Pai | Raúl Fajardo Moreno (pt) ![]() ![]() |
Páxina web | sergiofajardo.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFoi fórmula vicepresidencial do candidato Antanas Mockus nas eleccións presidenciais do ano 2010 co Partido Verde. Os medios de comunicación catalógano como un candidato de centro.[2]
Como xornalista estivo enfocado en diferentes temas do eido nacional. Foi Subdirector do xornal El Colombiano e columnista de El Mundo, El Espectador e a revísta Dinero; traballou nos programas de televisión Operación Cidade de Telemedellín e Zanahoria de Teleantioquia e pertenceu ao equipo de Viva FM de Caracol Radio, cadea radial na que recalou durante os primeiros meses de 2008, como parte do equipo xornalístico do programa 6 AM - Hoy por hoy.
Participou en procesos de paz como membro fundador da Comisión Facilitadora de Paz de Antioquia durante a gobernación do expresidente Álvaro Uribe e ditou conferencias sobre o conflito armado en Colombia.
Notas
editar- ↑ "Sergio Fajardo: de la ciencia a la política - Sergio Fajardo". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 05 de maio de 2018.
- ↑ "“La apuesta es ser presidente”". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2018. Consultado o 05 de maio de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sergio Fajardo |