Sergio Escudero

futbolista español

Sergio Escudero Palomo, nado en Valladolid o 2 de setembro de 1989, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo no Deportivo da Coruña, da Segunda División.

Infotaula de personaSergio Escudero

(2010) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de setembro de 1989 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Valladolid (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura176 cm Editar o valor em Wikidata
Peso65 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
LigaFußball-Bundesliga Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Número deportivo18 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2008-2009 Real Murcia Imperial (en) Traducir
2009-2010 Real Murcia Club de Fútbol 29(1)
2010-2013 FC Schalke 04 22(0)
2013-2013cesión Getafe CF 9(1)
2013-2015 Getafe CF 54(4)
2015-2021 Sevilla Fútbol Club 176(7)
2021-2022 Granada Club de Fútbol 29(2)
2022-2024 Real Valladolid 60(5)
2024- Deportivo da Coruña 0(0) Editar o valor em Wikidata

UEFA: 250022295 Editar o valor em Wikidata

Disputou máis de 200 partidos na Primeira División vestindo as camisetas de Getafe, Sevilla, Granada e Valladolid. Co Sevilla conquistou dúas veces a Europa League. Militou tamén na Bundesliga de Alemaña nas filas do Schalke 04, co que gañou a Copa de Alemaña en en 2011.

Traxectoria

editar

Murcia

editar

Formouse como futbolista nas canteiras do Real Valladolid, o Parquesol e o Betis Valladolid da súa cidade natal, así como na do Real Murcia, na que ingresou en 2007. Na tempada 2008/09 xogou co filial, o Murcia Imperial, na Segunda División B.[1]

O 13 de xuño de 2009 debutou co primeiro equipo do Real Murcia na Segunda División, xogando os 90 minutos completos na vitoria na casa por 2-1 ante a UD Salamanca.[2] Foi ascendido definitivamente ao primeiro equipo para a campaña 2009/10 e foi o xogador máis utilizado na súa posición (contabilizando 2.250 minutos), pero non puido evitar o descenso do equipo á Segunda B.[3]

Schalke 04

editar

No verán de 2010, con 20 anos, deixou España para asinar co Schalke 04 alemán, onde coincidiu cos tamén españois José Manuel Jurado e Raúl González. Debutou na Bundesliga o 26 de febreiro de 2011, nun empate na casa co Nürnberg. Completou a súa primeira tempada no Schalke cun total de 13 partidos disputados co primeiro equipo (xogou tamén varios encontros co filial), e proclamouse campión da Copa de Alemaña tras derrotar por 5-0 ao MSV Duisburg na final, na que entrou ao campo pouco antes do descanso como substituto de Hans Sarpei.[4]

Durante a seguinte tempada contou con poucas oportunidades, sumando só 9 encontros na 2011/12 e ningún na primeira metade da 2012/13.

Getafe

editar
 
Escudero co Getafe en 2015

Ante a falta de minutos no Schalke, en xaneiro de 2013 saíu cedido ao Getafe, onde cubriu a baixa do lesionado Mané.[5] O seu debut na Primeira División tivo lugar o 2 de febreiro, sendo titular nunha vitoria por 3-1 ante o Deportivo da Coruña no Coliseum Alfonso Pérez.[6] Continuou no once inicial durante as seguintes xornadas e acabou a tempada con nove encontros disputados e un gol ante o Zaragoza.

En xullo de 2013 foi traspasado definitivamente ao club da periferia de Madrid, acordando un contrato de cinco anos.[7] Marcou dous goles na súa primeira tempada completa co Getafe, contra o FC Barcelona e o Sevilla,[8][9] garantindo con segundo deles a vitoria e practicamente a permanencia na máxima categoría. Militou dous anos e medio no club de Xetafe, sumando un total de 63 partidos e 5 goles.

Sevilla

editar

En xullo de 2015 fichou polo Sevilla, co que asinou un contrato de catro anos.[10] Durante a súa primeira tempada en Andalucía, ás ordes de Unai Emery, tivo que competir polo posto co francés Benoît Trémoulinas, [11][12] pero aínda así conseguiu xogar 28 partidos entre todas as competicións, incluídos os 90 minutos da final da UEFA Europa League que o seu equipo conquistou contra o Liverpool no St. Jakob-Park de Basilea.[13]

Durante as seguintes tres campañas afianzouse na titularidade, superando os 100 partidos, case todos saíndo dende o inicio, pero perdeu protagonismo na 2019/20, coa chegada como cedido de Sergio Reguilón.[14] Esa mesma campaña proclamouse por segunda vez campión da Europa League, tras derrotar na final ao Inter de Milán.[15]

Deixou o Sevilla no verán de 2021, ao remate do seu contrato, despois de 176 partidos de 7 goles en seis tempadas.

Granada

editar

En agosto de 2021 asinou por un ano co Granada CF tamén de Primeira.[16] Disputou un total de 29 encontros co equipo branco e vermello, sen poder evitar o descenso a Segunda.

Valladolid

editar

A continuación regresou ao seu Valladolid natal e ao Real Valladolid, 18 anos despois da súa salida do club, e asinou un contrato de dous anos.[17] Debutou co equipo da súa cidade na primeira xornada da 2022/23 e participou en máis da metade dos partidos da tempada, pero acabou descendendo a Segunda por segundo ano consecutivo. Na seguinte campaña foi titular indiscutible no equipo de Pezzolano, que conseguiu ascender de novo á máxima categoría.

Deportivo da Coruña

editar

En xullo de 2024 fichou polo Deportivo da Coruña, equipo que acababa de ascender á Segunda División.[18]

Selección nacional

editar

En novembro de 2016 foi convocado pola selección española de Julen Lopetegui para dous partidos contra Macedonia e Inglaterra, pero non chegou a participar en ningún dos dous.[19]

  1. "El Real Murcia renueva al joven defensa Sergio Escudero" (en castelán). 22 de maio de 2009. Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  2. "El Murcia liquidó al Salamanca". Marca (en castelán). 13 de xuño de 2009. Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  3. "¿Ha bajado alguien a Segunda B con 50 puntos?". Heraldo de Aragón (en castelán). 2 de maio de 2017. Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  4. "El Schalke brinda por la Copa". El Mundo (en castelán). 21 de maio de 2011. Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  5. "Escudero, cedido del Schalke al Getafe". El País (en castelán). 25 de xaneiro de 2013. Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  6. "El Deportivo resucita al Getafe". Marca (en castelán). 2 de febreiro de 2013. Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  7. "El Getafe ficha a Escudero tras un acuerdo con el Schalke". Marca (en castelán). 11 de xullo de 2013. Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  8. "Getafe-Barcelona: Remontada de Pedro y Cesc para recuperar el liderato (2-5)" (en castelán). 22 de decembro de 213. Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  9. García, Basilio (4 de marzo de 2016). "El día que Escudero fue el verdugo del Sevilla" (en castelán). Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  10. "EL SEVILLA FC Y EL GETAFE CF LLEGAN A UN ACUERDO PARA EL TRASPASO DE ESCUDERO" (en castelán). 3 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 5 de xullo de 2015. Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  11. Florido Sevilla, Eduardo (19 de abril 2016). "La minimizada legión de Emery". Diario de Sevilla (en castelán). Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  12. Liaño, Jorge (7 de setembro de 2015). "Esudero, a la espera de que Tremoulinas abra la puerta" (en castelán). Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  13. "Sevilla make it three in row at Liverpool's expense" (en inglés). 18 de maio de 2016. Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  14. Millar, Colin (15 de maio de 2020). "Sevilla defender Sergio Escudero agrees Getafe return" (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  15. "Sevilla 3-2 Inter Milan: Europa League kings come back to win for sixth time". BBC (en inglés). 21 de agosto de 2020. Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  16. "El lateral zurdo Sergio Escudero se incorpora al Granada" (en castelán). 31 de agosto de 2021. Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  17. "¡Bienvenido, Escudero!" (en castelán). 13 de xullo de 2022. Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  18. "O Dépor abrillanta o lateral zurdo con Sergio Escudero". 18 de xullo de 2024. Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  19. "Lucas Vázquez se va con cero minutos". Marca (en castelán). 16 de novembro de 2016. Consultado o 20 de xullo de 2024.