Serafín Asensio-Vega y Muñoz

militar español


Serafín Asensio-Vega y Muñoz, nado en Badaxoz en 1836 e finado en La Parra o 8 de febreiro de 1905, foi un militar español.

Infotaula de personaSerafín Asensio-Vega y Muñoz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1836 Editar o valor em Wikidata
Badaxoz, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de febreiro de 1905 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
La Parra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

De familia acomodada, estudou na Academia General Militar de Toledo. No ano 1853 acadou o grao de alférez. Participou na Guerra de África e distinguiuse na batalla de Wad-Nivel (1860), motivo polo cal foi distinguido coa Cruz Laureada de San Fernando. No 1861 contribuíu a esmagar a revolta de Loja. Ascendido a tenente, loitou con Joan Prim i Prats na batalla dos Castillejos (1868), que supuxo o derrocamento de Isabel II de España.

Durante a terceira guerra carlista (1872-1876) foi nomeado comandante xeral de Valls, liberou Caldes de Montbui e levantou o asedio de Vilanova i la Geltrú. Trala abdicación de Amadeu I proclamou en Badaxoz a Primeira República Española. No 1876 foi declarado benemérito da patria. Cara a 1877 ingresou na francmasonería.[1]

Ascendido a tenente coronel, o 25 de xullo de 1882 protagonizou un pronunciamento no que se proclamou a República en Badaxoz, promovido pola Asociación Republicana Militar (dirixida por Manuel Villacampa del Castillo e Manuel Ruiz Zorrilla) secundado polo seu Rexemento de Cabalaría de Villaviciosa; o golpe fracasou pola falta de coordinación coas outras unidades que debían sublevarse.[2] Tralo fracaso do golpe fuxiu a Portugal coas súas tropas e de alí a Francia. Foi amnistiado en 1891 e retornou a España. Estableceuse en La Parra, onde morreu o 8 de febreiro de 1905.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar