Senso do equilibrio
O senso do equilibrio [1], sentido do equilibrio [2] ou equilibriocepción é a percepción do equilibrio e da orientación espacial.[3] Axuda a evitar que os humanos e animais en xeral caian cando están de pé ou se moven. O equilibrio é o resultado de varios sistemas sensoriais que traballan xuntos: os ollos ( sistema visual ), o oído interno ( sistema vestibular) e a sensación do corpo de onde está no espazo (propiocepción).[4]
O sistema vestibular, a rexión do oído interno onde converxen tres canles semicirculares, traballa co sistema visual para manter os obxectos enfocados cando a cabeza está en movemento. Isto chámase reflexo vestibulo-ocular (RVO ou VOR). O sistema de equilibrio traballa cos sistemas visual e esquelético (os músculos e articulacións e os seus sensores) para manter a orientación ou o equilibrio. Os sinais visuais enviados ao cerebro sobre a posición do corpo en relación ao seu contorno son procesados polo cerebro e comparados coas informacións dos sistemas vestibular e esquelético.
Sistema vestibular
editarNo sistema vestibular, o equilibrio é determinado polo nivel dun fluído chamado endolinfa no labirinto, un complexo conxunto de tubos no oído interno.
Disfunción
editarCando o sentido do equilibrio é interrompido ou perturbado, provoca mareos, desorientación e náuseas. O equilibrio pode verse alterado pola doenza de Ménière, a síndrome de deficiencia da canle semicircular superior, a infección do oído interno, por un arrefriado común forte que afecte a cabeza ou unha serie doutras afeccións médicas, incluíndo, entre outras, vertixe. Tamén pode ser perturbado temporalmente por aceleracións rápidas ou prolongadas, por exemplo, montar un carrusel. Os golpes tamén poden afectar á recepción do equilibrio, especialmente aqueles ao lado da cabeza ou directamente no oído.
A maioría dos astronautas descobre que o seu sentido do equilibrio está deteriorado en órbita, por estar nun estado constante de ingravidez. Isto provoca unha forma de mareo chamada síndrome de adaptación ao espazo exterior.
Noutros animais
editarAlgúns animais teñen mellor equilibriocepción que os humanos, por exemplo un gato usa o seu oído interno e a cola para camiñar sobre un valo.[5]
A equilibriocepción en moitos animais mariños realízase cun órgano totalmente diferente, o estatocisto, que detecta a posición de pequenas pedras calcáreas para determinar que camiño está "arriba".
En plantas
editar- Artigo principal: Gravitropismo.
Podería dicirse que as plantas presentan unha forma de equilibriocepción, xa que cando se rotan desde a súa actitude normal os talos crecen na dirección que é cara a arriba (afastada da gravidade) mentres que as súas raíces crecen cara a abaixo (na dirección da gravidade) este fenómeno coñécese como gravitropismo e demostrouse que, por exemplo, os talos de chopo poden detectar a reorientación e a inclinación.[6]
Notas
editar- ↑ "'Senso' no DRAG". Academia.gal. Consultado o 6-1-2022.
- ↑ "Termo 'Sentido do equilibrio' no DGTM". Dicionario galego de termos médicos. Consultado o 6-1-2022.
- ↑ "O que é Equilibriocepção?". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2022. Consultado o 2021-09-26.
- ↑ Wolfe, Jeremy; et al. (2012). Sensation & perception. Sinauer Associates. p. 7. ISBN 978-0-87893-572-7.
- ↑ { {cite web|title=Equilibrioception|url=https://www.sciencedaily.com/articles/e/equilibrioception.htm%7Cwebsite=ScienceDaily%7Caccess-date=15[Ligazón morta] de xaneiro de 2011|url-status=live|archive-url= https://web.archive.org/web/20110518202058/http://www.sciencedaily.com/articles/e/equilibrioception.htm%7Carchive-date=18 de maio de 2011}}
- ↑ Chambon; Herbette, S. P.; Brunel, N.; Coutand, C.; Leplé, J. C.; Ben Rejeb, I.; Ammar, .; Julien, J. L.; Roeckel-Drevet, ((2009)). ""Proteome analysis of apical and basal regions of poplar stems under gravitropic stimulation". (Análise de proteomas das rexións apicais e basais de talos de chopo baixo estimulación gravitrópica)". Physiologia Plantarum 136: 193–208. PMID 19453506. doi:10.1111/j.1399-3054.2009.01230.x.