Semerkhet

(Redirección desde «Semerjet»)

Semerkhet foi o sétimo faraón da primeira dinastía de Exipto, c. -2861--2853 (von Beckerath).

Infotaula de personaSemerkhet
Biografía
Nacementoséculo XXX a. C. Editar o valor em Wikidata
Morte2960 a. C. Editar o valor em Wikidata
Faraón
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAntigo Exipto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloFaraón Editar o valor em Wikidata
FamiliaPrimeira dinastía de Exipto Editar o valor em Wikidata
FillosQaa Editar o valor em Wikidata
PaisAnedjib Editar o valor em Wikidata  e Betrest (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Segundo Manetón reinou 18 anos, e denomínao Semempses (Xulio Africano e Eusebio de Cesarea), ou Mempses (versión armenia de Eusebio).

Na Lista Real de Abidos figura como Semsu. O Canon Real de Turín chámao Semsem e dá 72 anos.

Manetón comentou que era fillo do anterior rei e que durante o seu reinado ocorreron numerosos prodixios e unha gran calamidade (epidemia) caeu sobre Exipto. Puido ser un fillo de raíña Betrest, esposa de Anedjib, e de pai descoñecido.

O seu sucesor, Qaa, considerouno usurpador do trono, pois ordenou borrar as súas inscricións.

Testemuños da súa época editar

  • O lugar da súa sepultura é a tumba U, na necrópole de Umm el-Qaab, en Abidos.
  • Inscricións incisas en tarros, e unha cunca de Helwan (Saad).
  • Inscrición incisa na tumba U de Abidos, UC 36756 (Museo Petrie).
  • Inscrición de selos reais no cemiterio de Umm el-Qaab (Dreyer 1985-95).
Predecesor:
Anedjib
Faraón
Primeira Dinastía
Sucesor:
Qaa