O Sellbytel Group é un grupo de empresas creado en 1998 polo alemán Michael Raum. É unha empresa global de servizos para vendas en distintos sectores, dende o informático á moda. Ten máis de 4.500 empregados en máis de 25 lugares de traballo.

En Alemaña, onde está a súa sede central, a empresa ten oficinas en Nuremberg, Fürth, Erfurt, Böblingen, Düsseldorf, Múnic e Berlín. Fóra de Alemaña ten oficinas en Lión, Grenoble, Ayr, Barcelona, Lisboa, Madrid, Praga, Varsovia, Tunes, Moscova, Bratislava, Xohanesburgo, Bangalore, Londres, Valencia e Singapur.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.