Selene brevoortii

Selene brevoortii

Nun acuario

Vista frontal
Vista frontal

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Perciformes
Familia: Carangidae
Xénero: Selene
Especie: S. brevoortii
Nome binomial
Selene brevoortii
(Gill, 1863)
Sinonimia
Véxase o texto

Selene brevoortii é unha especie de peixe da orde dos perciformes, familia dos caránxidos,[2][3][4] unha das oito icluídas no xénero Selene.

Perfil

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1863 polo ictiólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill,[2][3][4] baixo o nome de Argyriosus brevoortii.[2][3]

Etimoloxías editar

Para a do xénero, ver Selene.

O epíteto específico, brevoortii, é unha homenaxe que Gill lle fixo ao seu amigo, o seu compatriota James Carson Brevoort, ictiólogo afeccionado, dado o seu interese polos peixes da familia dos caránxidos.[5]

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmentge válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2][3]

  • Argyreiosus pacificus Lockington, 1877
  • Argyriosus brevoortii Gill, 1863 (protónimo)
  • Vomer brevoortii (Gill, 1863)
  • Vomer pacificus (Lockington, 1877)

Distribución editar

Selene brevoortii é unha especie orixinaria das augas máis cálidas do Pacífico oriental, onde se encontra desde o extremo sur de California, Estados Unidos até o norte do Perú (e ocasionalmente até o norte de Chile).[1]

A súa área de dispersión esténdese entre os 27° N até os 18° S, e desde os 112° W até os 70° W.[6]

Hábitat e características editar

É unha especie bentopeláxica que se encontra xeralmente preto da costa, a profundidades inferiores aos 50 m.[6]

Coa súa forma de lua chea, pode alcanzar até os 38 cm de lonxitude, aínda que a súa lonxitde media é duns 20 cm.[7]

O corpo, sen escamas, está e fortemente comprimido. A rama inferior do primeiro arco branquial ten de 29 a 34 branquias. A primeira aleta dorsal está sustentada por 8 raios duros, seguidos por outra sección con de 20 a 23 raios brandos. Os lóbulos anteriores da segunda aleta dorsal e da aleta anal son moi longos nos adultos. A coloración do corpo dos adutos é dourada ou prateada, con reflexos azuis metálicos; os xuvenís son amarelados, con barras transversais indistintas, interrompidas, escuras.[8]

Bioloxía editar

Os adultos atópanse en augas costeiras pouco profundas en pequenos cardumes preto do fondo.[7]

Aliméntanse de luras, camaróns, poliquetos e pequenos peixes.[7]

Relacións co home editar

É un peixe de pouca importancia para a pesca comercial, pero é unha especie popular na pesca deportiva. Comercialízase fresco e salgado. Captúranos pescadores artesanais mediante redes de enmalle.[7] A especie é un peixe comercial importante no golfo de Montijo, Panamá.[9]

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie está moi estendida no Pacífico oriental tropical, que non hai grandes ameazas para ela, e que non hai indicios na actualidade dunha diminución das súas poboaciós, cualifica o seu status como LC (pouco preocupante). Está catalogado como Preocupación Menor.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Smith-Vaniz, B., Robertson, R., Dominici-Arosemena, A. & Molina, H. (2010): Selene brevoortii na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consukltada o 18 de marzo de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Selene brevoortii (Gill, 1863) no WoRMS. Consultado o 19 de marzo de 2022.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Selene brevoortii (Gill, 1863) no GBIF. Consultado o 19 de marzo de 2022.
  4. 4,0 4,1 Selene brevoortii (Gill, 1863) na BioLib. Consultada o 19 de marzo de 2022.
  5. Christopher Scharpf & Kenneth J. Lazara (2019): "Order CARANGIFORMES (Jacks)". The ETYFish Project Fish Name Etymology Database. Ver Selene brevoortii' (Gill, 1863). Consultado o 19 de marzo de 2021.
  6. 6,0 6,1 Froese, Rainer & Pauly, Daniel, (2019).
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Smith-Vaniz, W.F. (1995): "Carangidae. Jureles, pámpanos, cojinúas, zapateros, cocineros, casabes, macarelas, chicharros, jorobados, medregales, pez pilota". En: W. Fischer; F. Krupp, W. Schneider, C. Sommer, K. E. Carpenter & V. Niem, eds. Guia FAO para Identification de Especies para los Fines de la Pesca. Pacifico Centro-Oriental. 3 Vols. Roma: FAO. ISBN 978-9-2530-5628-6, pp. 940-986 (en castelán).
  8. Jiménez Prado, P. y P. Béarez (2004): Peces Marinos del Ecuador continental. Tomo 2: Guía de Especies. SIMBIOE/NAZCA/IFEA. ISBN 978-99-7843-435-2.
  9. Vega, Ángel J (2004): Evaluación del recurso pesquero del Golfo de Montijo. Panamá: Ministerio de Economía y Finanzas de Panamá.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Froese, Rainer & Pauly, Daniel, (2019): "Selene brevoortii" en FishBase.
  • Robertson, D. R. & Allen, G. R. (2006): Shore fishes of the tropical eastern Pacific: an information system. Balboa, Panamá: Smithsonian Tropical Research Institute.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar