Secundino Rodríguez Eiras

sindicalista e guerrilleiro antifranquista galego

Secundino Rodríguez Eiras, Cotexo, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) o 8 de setembro de 1905, foi un sindicalista e guerrilleiro antifranquista galego.

Secundino Rodríguez Eiras
AlcumeCotexo
Nacemento8 de setembro de 1905
 O Carril
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
IrmánsJosé María Rodríguez Eiras
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fogueiro. Pertencía ao Sindicato da Industria Pesqueira de Carril adscrito á CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse nos montes de Vilagarcía. En xullo de 1937 foi arrestado na Coruña. Xulgado en consello de guerra por rebelión con Luís Costa García e Lino Carrión o 9 de outubro,[1] foi condenado a pena de morte. A pena foi conmutada por cadea perpetua. Posto en liberdade condicional en 1938, foi arrestado novamente en 1942. Fuxiu con Luís Costa García. Integrouse na CNT de Vilagarcía e foi arrestado co seu irmán José María en marzo de 1947. Xulgado en consello de guerra en Vigo en 1948, foi condenado a tres anos de prisión.

NotasEditar

  1. El Pueblo Gallego, 10-10-1937, p. 10.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar