Seán MacEntee
Seán MacEntee ou Seán Mac an tSaoi, nado en Belfast o 22 de agosto de 1889 e finado en Dublín o 10 de xaneiro de 1984, foi un político irlandés.
Seán MacEntee | |
---|---|
Nome completo | Seán Francis MacEntee |
Nacemento | 22 de agosto de 1889 |
Lugar de nacemento | Belfast |
Falecemento | 10 de xaneiro de 1984 |
Lugar de falecemento | Dublín |
Soterrado | Glasnevin Cemetery |
Nacionalidade | Irlanda, República Irlandesa, Estado Libre Irlandés e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Alma máter | St Malachy's College |
Ocupación | poeta, político e enxeñeiro eléctrico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Na súa carreira política na que foi Teachta Dála polo Fianna Fáil en torno a corenta anos, MacEntee converteuse nunha das máis importantes figuras da Irlanda independente. Estivo nos gobernos de Éamon de Valera e Seán Lemass con cargo de ministro (de Finanzas, Industria e Comercio, e Sanidade). Foi membro de tódolos gabinetes do Fianna Fáil dende 1932 a abril de 1965. El e mais Lemass introduciron unha política proteccionista en 1932 que actualmente é considerada un fracaso. Serviu como Tánaiste de Irlanda dende 1959 a 1965. No momento da súa morte, era o único membro supervivente do Primeiro Dáil. A súa filla é a escritora e poetisa Máire Mhac an tSaoi.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |