Saudade de ti

Serie de televisión galega

Saudade de ti é unha serie de televisión estreada en 2022 pola Televisión de Galicia, consta de 60 capítulos na primeira tempada, que foron emitidos entre xullo e setembro de 2022. Na segunda outros 60 de xuño a setembro de 2023. Na terceira outros 60 no verán de 2024.

Saudade de ti
Tiposerie de televisión Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocinema dramático Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua galega Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalTelevisión de Galicia Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo3 de xullo de 2022 Editar o valor en Wikidata
Remate13 de setembro de 2022 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Episodios60 Editar o valor en Wikidata
Tempadas1 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A primeira tempada foi líder de audiencia na TVG.[1] Foi seguida por máis de 150.000 espectadores cada noite, a primeira elección en horario de máxima audiencia en Galicia.[2]

En marzo de 2023 gravábase a segunda tempada en Ares.[3] Foi estreada na TVG o domingo 18 de xuño de 2023, emitíndose os domingos, luns e martes.[4]

A terceira tempada estreouse o 25 de xuño de 2024, emitíndose no verán de martes a xoves.[5]

Sinopse

editar

Un tráxico accidente no que morren dúas persoas sacode a vida de tres familias e obriga a Celia, filla dunha das falecidas e doutora de profesión, a facerse cargo do seu pai e da consulta da vila, á vez que tratan de pechar as feridas polo ocorrido.[6]

Está ambientada na vila costeira e ficticia de Abrente. Ademais dos decorados gravouse en Caión, A Laracha, Ares (no porto e na praia do Raso) ou Miño (a planta baixa da súa casa consistorial converteuse nun hospital).[7]

Polémica

editar

Xornalistas Galegas denunciou un vídeo de promoción da serie na TVG por difundir mitos do amor romántico e "apuntalar o machismo": o amor de verdade fai sufrir.[8]

Elenco

editar

Saudade de ti. Os amantes do abrente.

editar

O 12 de xuño de 2023 a TVG estreou Saudade de ti. Os amantes do abrente. Precuela da serie Saudade de ti, que se sitúa seis meses antes do fatídico accidente de tráfico co que comezou a primeira temporada. Sábese o que pasou entre Olga e Gaspar e o resto dos personaxes nunha época en que as cousas na vila eran moi diferentes.[11]

Segunda tempada

editar

Capítulo 61: Raúl decide pídelle matrimonio a Celia. Mónica revélalle ao seu ex que el e mais a súa moza poderían ser irmáns. Isidro proponlle a Belén que vaia vivir con el sen consultalo coa súa filla. Celia permanece allea a estas intrigas. A morte da paciente Leire Uribe fai que teña que remexer en asuntos do seu pasado. Elba trata de agochar diante dos demais os seus sentimentos amorosos cara ao desaparecido Lucho, o prometido da súa defunta irmá.[12]

Viñeron emitíndose cinco capítulos por semana os domingos, luns e martes.

Capítulo 120: Celia vai abandonar Abrente. A súa historia con Raúl rematou e vai empezar outra etapa. Santi ofrécese a levala á estación. Aínda ten algo importante que dicirlle e non quere que a doutora Eiroa marche sen escoitalo. Raúl non entende os motivos que hai detrás da decisión de Celia. É o momento de facerlle caso á súa nai e, polo ben da súa filla, entregarlle o anel de compromiso á muller axeitada. No hospital, nin Teresa nin Lucho son capaces de encontrar a forma de evitar que Elba se renda fronte á súa doenza. Parece que a rapaza xa asumiu con resignación o seu destino.[13]

Colaboran

editar
  • Producida por TVG, Voz Audiovisual
  • Argumento: Sergio Campo, Jacobo Paz, Puri Seixido
  • Diálogos: María S. Ferreiro
  • Dirección de produción: Paula Fernández
  • Produción delegada TVG: Rosa Sierra, Vanessa Grela, Montse Besada
  • Produción executiva: Fernanda Tabarés
  • Dirección: Ozo Perozo

Elenco

editar
  • María Tasende
  • César Cambeiro
  • Humy Donado
  • María Costas
  • Alfonso Agra
  • Mayka Braña
  • Manuel San Martín
  • Fran Nogueira
  • Carmen Méndez
  • Adrián Castiñeiras
  • Fernando Morán
  • Cristina Andrade
  • Dani Mendín
  • Alicia Armenteros
  • Christian Escuredo

Película

editar

A Televisión de Galicia presentou o luns 25, día de Nadal, de 2023 Que fermoso é vivir en Abrente!, unha película que xorde a partir do éxito da serie Saudade de ti.[14]

Terceira tempada

editar

A Televisión de Galicia empezou a emitir a terceira tempada, de 60 capítulos, o 25 de xuño de 2024, emitíndose tamén na plataforma AGalega.gal. No elenco están Manuel San Martín, Mayka Braña, María Tasende, Adrián Castiñeiras, Fran Nogueira, César Cambeiro e María Costas, entre outros, asistiu á posta de longo desta nova etapa da ficción.

Volveuse rodar en Ares.[15]

A terceira inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Algúns veno como unha oportunidade de progreso, mentres que outros temen que desapareza o seu estilo de vida. Tamén seguirá sendo protagonista o conflito amoroso do triángulo formado por Celia, Santi e Raúl. A temporada comeza coa doutora e o enfermeiro metendo as maletas nun coche. Marcharán xuntos a Verín.[5]

Elenco

editar
  • María Tasende
  • César Cambeiro
  • Martina Bravo
  • Alfonso Agra
  • María Costas
  • Cristina Andrade
  • Alberto Rolán
  • Manuel San Martín
  • Mayka Braña
  • Fran Nogueira
  • Dani Medín
  • Carmen Méndez
  • Fernando Morán
  • Adrián Castiñeiras
  • Humy Donado
  • Alicia Armenteros
  • Denis Gomez
  1. "Enganchados a «Saudade de ti»". La Voz de Galicia. 2022-09-10. Consultado o 2023-04-07. 
  2. "«Atrápame se podes» y «Saudade de ti», éxito de audiencia este verano". corporacionvoz.es (en castelán). Consultado o 2023-04-07. 
  3. "Luces, cámaras y acción: la serie 'Saudade de ti' de la TVG graba en Ares (A Coruña)". Quincemil (en castelán). Consultado o 2023-04-07. 
  4. https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2023-06-13). "Máis amor, máis humor e moita intriga na segunda tempada de «Saudade de ti»". La Voz de Galicia. Consultado o 2023-06-20. 
  5. 5,0 5,1 "Gala de preestrea en Santiago da terceira temporada de 'Saudade de ti', que chega a TVG e á plataforma AGalega.gal". CRTVG. Consultado o 2024-06-28. 
  6. rsbagency.com, RSB Agency-. "Saudade de ti - T1". Guía TV de Expansión. Consultado o 2023-04-07. 
  7. "Chega «Saudade de ti», a nova ficción diaria da Televisión de Galicia". La Voz de Galicia. 2022-06-25. Consultado o 2023-04-07. 
  8. ""O amor de verdade fai sufrir": críticas á TVG por difundir mitos do amor romántico e "apuntalar o machismo"". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-04-07. 
  9. Rivas (2022-07-04). "Saudade de ti ›" (en castelán). Consultado o 2023-04-07. 
  10. "Saudade de ti (TV Series 2022– ) - IMDb" (en inglés). Consultado o 2023-04-07. 
  11. https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2023-06-11). "Volve «Saudade de ti» á Televisión de Galicia". La Voz de Galicia. Consultado o 2023-06-12. 
  12. "Capítulo 61 CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-06-20. 
  13. "Capítulo 120 CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-09-18. 
  14. "Cine de Nadal con «Saudade de ti»". La Voz de Galicia. 2023-12-24. Consultado o 2023-12-24. 
  15. Redacción (2024-02-05). "El rodaje de la serie de la TVG "Saudade de ti" vuelve a Ares". Enfoques (en castelán). Consultado o 2024-06-28. 


Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar