Sarxento Keroro

serie manga e anime xaponesa

Sarxento Keroro (xaponés Keroro Gunso (ケロロ軍曹 Keroro Gunsō?) é un manga xaponés creado por Mine Yoshizaki. Máis tarde foi serializado nun anime series dirixido por Junichi Sato. Ambos, anime e manga, son comedias que seguen as aventuras dunha banda de ras-alien invasoras que queren conquistar a Terra. O anime foi emitido polo programa infantil-xuvenil da TVG Xabarín Club.

Sarxento Keroro
ケロロ軍曹
(Keroro Gunsō)
Manga Keroro Gunsō
Creado por Mine Yoshizaki
Editor Kadokawa Shoten
Publicado en Kadokawa Shoten
Primeira edición 29 de novembro de 1999
Última edición
Núm. de volumes 32
Anime Sarxento Keroro
Dirixido por Junichi Sato
Estudio Sunrise
Canle televisiva Animax, TV Tokyo
Primeira emisión 3 de abril de 2004
Última emisión 4 de abril de 2011[1]
Núm. de capítulos 358 (256 en galego)
Películas

A serie anime foi creada por Sunrise e componse de 358 episodios que se emitiron orixinalmente dende abril de 2004 até abril de 2011.

Personaxes editar

Personaxe Actor de dobraxe
 
Seiyū
 
Narrador Antón Rubal Keiji Fujiwara
Aki Hinata Charo Pena Akiko Hiramatsu
Natsumi Hinata Chelo Díaz Chiwa Saito
Fuyuki Hinata Oscar Fernández Tomoko Kawakami
Keroro Ana Lemos Kumiko Watanabe
Giroro Gonzalo Faílde Jōji Nakata
Tamama Xermana Carballido Etsuko Kozakura
Kururu César Cambeiro Takehito Koyasu
Dororo Daniel Lema Takeshi Kusao
Momoka Nishizawa Nora Abad Haruna Ikezawa
Koyuki Azumaya Marián Muíño Ryou Hirohashi
Saburo Gelos Rosado Akira Ishida
Alisa María Liaño Akiko Yajima
Angol Mois Carolina Vázquez Mamiko Noto
Angol Mois Isabel Vallejo Substitución Mamiko Noto
Pururu Ana Ouro Satsuki Yukino

Notas editar

  1. animenewsnetwork.com, ed. (8 de febreiro de 2011). "Keroro Gunsō/Sgt. Frog TV Anime Ending in March". Consultado o 1 de agosto de 2022.