Saramagal (cervexa)

cervexa artesá galega

Saramagal é unha marca de cervexa artesá producida pola compañía Bieron Agudelo S.L. en Agudelo (Barro).

Logotipo.

Historia editar

Os inicios da empresa remóntanse a 2005, cando os dous socios fundadores comezaron a elaboración de cervexa de xeito artesanal. Porén, foi en 2009 cando a empresa dou os primeiros pasos para industrializarse e comercializar a súa cervexa de autor. No ano 2011 a empresa xa producía 1000 litros semanais, marcándose como obxectivos para o 2012 a duplicación da produción e a exportación dos seus produtos ao resto do Estado español e ao estranxeiro.

Características editar

A cervexa Saramagal non está pasteurizada, nin conteñen ningún tipo de aditivos, colorantes nin conservantes. Está elaborada con maltes de Baviera e a República Checa, e lúpulos de Inglaterra e Eslovenia.

Tipos de cervexa editar

Saramagal comercializa dous tipos de cervexa:

  • Saramagal Stipe: É unha cervexa de tipo Indian Pale Ale. A súa cor é ámbar escuro con lampos de mel, e a cor da espuma é crema. No seu aroma amais dos cereais crus, os maltes empregados apórtanlle un sabor a biscoito cun sabor final de torrefacto. É unha cervexa de con corpo e gusto amargo. Ten unha gradación alcohólica de 5,5 graos.
  • Saramagal Inmaculate: É unha cervexa de alta fermentación estilo Ale loura de tipo belga. Esta cervexa incorpora trigo aos maltes. Ten unha cor pálida característica do malte pilsen e do trigo. A adición de casca de laranxa dálle un sabor máis fresco e afroitado. O seu aroma presenta un carácter suave e doce de malte pilsen. Ten un sabor lixeiro e cun moderado dulzor, mentres que ten o amargor medio e moi moderado do lúpulo. A súa gradación alcohólica é de 4,5 graos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar