Sapeli

especie de planta

O sapeli[2] Entandrophragma cylindricum, é unha especie botánica de grandes árbores pertencentes á familia Meliaceae.

O termo sapeli emprégase acotío en galego para designar a madeira desta árbore tropical, dura, de cor avermellada e boa de traballar, moi empregada en carpintaría[3].

Descrición editar

É unha árbore grande, de até 45 m de alto (raramente 60 m), nativa de África tropical. As follas son caducifolias na estación seca, dispostas alternativamente, pinnadas, con 5-9 pares de folíolos, cada prospecto duns 10 cm de longo. As flores prodúcense en inflorescencias soltas cando a árbore fica sen follas, cada flor mide arrededor de 5 mm de diámetro, con cinco pétalos de cor amarelenta. O froito é unha cápsula pénsil duns 10 cm de longo e 4 cm de largo e, cando madurece divídese en cinco seccións para ceibar a 15-20 sementes.

Distribución editar

É natural de África tropical en Uganda, Camerún, República Centroafricana, República Democrática do Congo, Ghana, Nixeria, Serra Leoa e Togo.

Utilización editar

 
Unha array mbira (instrumento musical africano) feita de madeira de sapeli

A importancia comercial de madeira é unha reminiscencia da caoba. Emprégase en pavimentado de chans pola súa durabilidade e fermoso granulado. Tense tamén empregado moito en Galiza para fabricación de portas e caixas das persianas. Entre os seus usos máis exóticos atópase a fabricación de guitarras, ukeleles por mor da súa estética agradábel. A finais da década de 1990 empezou a utilizarse coma taboleiro do instrumento de percusión vasco: a txalaparta pola forza e claridade da súa calidade de son. Emprégase tamén na fabricación dos interiores dos automóbiles estadounidenses Cadillac.

Taxonomía editar

Entandrophragma cylindricum foi descrita por (Sprague) Sprague e publicado en Bulletin of Miscellaneous Information Kew 1910(6): 180. 1910.[4]

Sinonimia
  • Entandrophragma cedreloides Harms
  • Entandrophragma lebrunii Staner
  • Entandrophragma pseudocylindricum Vermoesen
  • Entandrophragma rufum A.Chev.
  • Entandrophragma tomentosum A.Chev. ex Hutch. & Dalziel
  • Pseudocedrela cylindrica Sprague
  • Swietenia angolensis Welw. ex C. DC.[5][6]

Notas editar

  1. "Entandrophragma cylindricum". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 1998. 
  2. Nome vulgar galego da especie e da madeira en Dicionario da Real Academia Galega A Coruña, RAG, 2012; Groba Bouza, F. (2006) Vocabulario galego-castelán de carpintaría de madeira. Universidade de Vigo
  3. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC
  4. "Sapeli". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 4 de febreiro de 2013. 
  5. Sapeli en PlantList
  6. "Taxon: Entandrophragma cylindricum (Sprague) Sprague". National Plant Germplasm System (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  1. Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
  2. ORSTOM. 1988. List Vasc. Pl. Gabon Herbier National du Gabon, Yaounde.

Ligazóns externas editar

  • Bulletin of Miscellaneous Information, Royal Gardens, Kew. Kew 1910:180. 1910