Santuario de San Gabriele dell'Addolorata

O santuario de San Gabriele dell'Addolorata (San Gabriel da Dolorosa, en italiano) é un santuario italiano, que se atopa aos pés do Gran Sasso, na comune de Isola del Gran Sasso d'Italia, na provincia de Teramo.

Santuario de San Gabriele dell'Addolorata
PaísItalia
Coordenadas42°31′01″N 13°39′27″L / 42.516944444444, 13.6575Coordenadas: 42°31′01″N 13°39′27″L / 42.516944444444, 13.6575
DioceseRoman Catholic Diocese of Teramo-Atri
Orde relixiosaPassionistas
Páxina webhttp://www.sangabriele.org/
editar datos en Wikidata ]
Santuario de San Gabriele dell'Addolorata

Hai 4 estruturas principais: o convento que é a sé de passionisti; a vella igrexa na que están os restos de Gabriele dell'Addolorata; a nova igrexa en formigón armado e aceiro, que en xeral está aberta tódolos días para acoller ao alto número de peregrinos; e a sede do Eco di San Gabriele, a revista mensual vinculada ás actividades do santuario.

Historia editar

Cara 1215, Francisco de Asís fundou un convento para a súa orde franciscana na comune de Isola del Gran Sasso d'Italia, no que estiveron até o tempo das supresións napoleónicas; ese convento é o actual santuario de San Gabriele.

Parece que o santo de Asís viu nas augas freáticas do Gran Sasso un altar dedicado á Virxe, polo que probablemente en 1216 comezou a construción dunha igrexa adicada á mesma.

En 1809 o convento foi abandonado polos seguidores de Francisco, a raíz da supresión das ordes relixiosas durante o período napoleónico e posteriormente tomado en 1847 polos Passionistas.

A urna cos restos mortais de Gabriele dell'Addolorata estivo durante un tempo conservada na antiga igrexa, para ser trasladada posteriormente ao novo santuario.

Devoción editar

 
Urna cos restos de Gabriele

O santuario é unha meta de peregrinación moi seguida polos xoves con dúas citas principais, unha no mes de marzo, a cen día do exame do Estado para obter o diploma de ensinanza media superior, onde miles de estudantes procedentes dos Abruzos e outros lugares acoden ao santuario para rezar e así obter un bo resultado no exame; e outra o derradeiro domingo de agosto, no que se amorean multitude de tendas de campaña na que os mozos (pero tamén os menos mozos) se establecen durante cinco días, dando vida o seu encontro relixioso.

Entre as visitas célebres do santuario caben destacar a do Papa Xoán Paulo II e o entón prefecto de Congregación para a Doutrina da Fe, Joseph Ratzinger. A lembranza destas visitas testimóniase polas fotos expostas no moderno santuario.

Arte editar

O moderno santuario, realizado segundo o proxecto da escola Gio Ponti, completado co proxecto do arquitecto Eugenio Abruzzini, alberga valiosos exemplos da arte sagrada contemporánea de artistas como Enrico Accatino, Ugolino de Belluno ou Tito Amodei.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar