Santuario da Nosa Señora dos Remedios de Mondoñedo

construción relixiosa nos Remedios, Mondoñedo

O Santuario da Nosa Señora dos Remedios é un santuario localizado na parroquia dos Remedios, no concello de Mondoñedo. No interior do santuario destaca o conxunto barroco. O templo pertence á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Santuario da Nosa Señora dos Remedios de Mondoñedo
Santuario dos Remedios
PaísEspaña
LocalizaciónOs Remedios (Mondoñedo)
Coordenadas43°25′41″N 7°22′12″O / 43.428055555556, -7.37Coordenadas: 43°25′41″N 7°22′12″O / 43.428055555556, -7.37
editar datos en Wikidata ]
Hospital de San Paulo.

Situación editar

O Santuario da Nosa Señora dos Remedios atópase no exterior da vila, cara ao oeste. O templo está nun dos extremos do Campo dos Remedios, na Pena do Outeiro, en terreos mercados no ano 1558 ao cabido con doazóns dun grupo de mindonienses.

Enfronte do santuario atópase a Alameda dos Remedios, que ten a peculiaridade de ser unha das máis antigas de España, plantada en 1594 polo rexedor Luís de Luaces, e é onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa (1569)[1]. Hai un monólito que o conmemora nun dos seus xardíns. O quiosco situado nun dos laterais da Alameda foi, nalgún tempo, un fermoso escenario para a banda municipal.

Á beira da alameda atópase o Hospital de San Paulo, construído tamén na mesma época co santuario. Por riba da porta destacan o escudo de Mondoñedo e o do bispo Sarmiento, de quen se di que tiña a "doenza da pedra" polas moitas construcións que fomentou e que quixo abrir unha canle polo río Masma para traer auga do mar ata Mondoñedo[Cómpre referencia]. Dende a Alameda destaca a vista sobre o val do río Cesuras e sobre o Mosteiro dos Picos.

A Alameda é o marco ideal para as feiras e festas máis importantes de Mondoñedo, por exemplo, As San Lucas, As Quendas, ou as propias dos Remedios. Festas nas que a Alameda énchese con multitude de mindonienses, os postos dos feirantes e as polbeiras, onde se prepara o tradicional polbo á feira.

Historia editar

As súas orixes remóntanse ao ano 1558, cando se constrúe unha pequena ermida e un albergue para os peregrinos. Pero esta construción sufriu varias reformas debido ao seu estado ruinoso polo ano 1643. A ermida, tal como se pode ver hoxe en día, é o resultado da obra que o bispo Antonio Alejandro Sarmiento Sotomayor mandou construír en 1733.

Arquitectura editar

A súa planta é de cruz latina, aínda que as súas naves, cubertas por bóvedas de canón, parecen do mesmo tamaño.

Ofrendas editar

Cada ano hai unha ofrenda por parte dun dos alcaldes da zona incluída na diocese. No 2019 o encargado da ofrenda foi o representante de Ribadeo, realizándoa o domingo 15 de setembro.[2]

Notas editar

  1. "Una fiesta centenaria, la del árbol, cumple hoy 450 años en Mondoñedo". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-02-02. Consultado o 2019-02-02. 
  2. "Ofrenda aos Remedios - Novas. Concello de Ribadeo". ribadeo.gal. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2019-09-23.