Sanna Marin
Sanna Mirella Marin, nada o 16 de novembro de 1985 en Helsinqui, é unha política finlandesa que exerce como Primeira ministra de Finlandia desde o 10 de decembro de 2019.[1] Marin é a primeira vicepresidenta dos socialdemócratas finlandeses.[2]
Sanna Marin | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Sanna Mirella Marin |
Nacemento | 16 de novembro de 1985 |
Helsinqui | |
Nacionalidade | Finlandia |
Alma máter | University of Tampere, Suupanniitty School e sen etiquetar |
Ocupación | política |
Cónxuxe | Markus Räikkönen |
Premios | 100 Mulleres da BBC |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Forma parte do Parlamento de Finlandia desde o ano 2015 e foi Ministra de Transportes e Comunicacións entre o 6 de xuño de 2019 e o 10 de decembro de 2019. Despois de que Antti Rinne deixase o seu cargo como Primeiro ministro,[3] o Partido Socialdemócrata elixiu a Marin como a súa nova candidata o 8 de decembro de 2019. Con 34 anos, Marin converteuse na líder de estado máis nova do mundo nese momento[4] (aínda que o austríaco Sebastian Kurz lle arrebatou o posto ao mes seguinte) e tamén na primeira ministra máis nova do seu país.
NotasEditar
- ↑ "Eduskunta valitsi Sanna Marinin pääministeriksi".
- ↑ "Ansioluettelo".
- ↑ SDP on valinnut: Sanna Marinista tulee Suomen seuraava pääministeri – suora lähetys menossa, Yle seuraa hetki hetkeltä Consultado o 12 de marzo de 2020
- ↑ ABC News, ed. (11 de decembro de 2019). "Finland's new 34-year-old prime minister to be youngest in the world, backed by all-female leaders". Consultado o 12 de marzo de 2020.