Sanfeliu é un barrio de L'Hospitalet de Llobregat, na provincia de Barcelona, que forma parte do distrito I da cidade xuntamente co Centre e Sant Josep. Está situada na zona montañosa do Samuntà.

Modelo:Xeografía políticaSanfeliu

Localización
Mapa
 41°21′53″N 2°05′19″L / 41.3648, 2.0886Coordenadas: 41°21′53″N 2°05′19″L / 41.3648, 2.0886
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloL'Hospitalet de Llobregat Editar o valor em Wikidata

Barrios de L'Hospitalet

Xeograficamente, limita ao norte co concello de Esplugues de Llobregat, ao leste co barrio de Can Serra, ao sur co barrio do Centre e ao oeste co concello de Cornellà de Llobregat.

Características editar

A vida cotidiá articúlase sobre todo arredor do passeig dels Cirerers e da plaça de les Comunitats, construídas a principios da década de 1990 como lousas de cobertura da Ronda de Dalt que cruza o barrio. Este espazo público é o escenario da festa maior, que celébrase para San Xoán, da festa do Carnaval e gran parte dos eventos populares relacionados co tecido asociativo. O centro cultural tamén é un dos marcos de gran parte das actividades.

Tamén hai diferentes froiterías, ultramarinos, unha farmacia, bares, gasolineiras e unha igrexa. Hai un centro de asistencia médica xunto á plaça de les Comunitats, club de tempo libre e unha sala de lectura para os máis pequenos, así como un centro deportivo tamén público.

Hai un colexio público de educación primaria (Pablo Neruda), outro concertado (Sant Feliu) e un instituto público (IES Apel·les Mestres).

Transporte público editar

A estación de metro de Can Boixeres, da liña 5, e a rede de autobuses locais da cidade son os principais servizos de transporte público no barrio.

Véxase tamén editar