Liña 5 do metro de Barcelona

A liña 5 ou liña azul do metro de Barcelona é unha liña de ferrocarril metropolitano soterrada que dá servizo nas cidades de Cornellà de Llobregat, Esplugues de Llobregat, l'Hospitalet de Llobregat e Barcelona. A liña inaugurouse o 21 de xullo de 1959 como liña II e actualmente une as estacións de Cornellà Centre e Vall d'Hebron.

L5
L5
Estación de Sagrada Familia

O trazado da liña é de dobre vía soterrada, excepto un pequeno tramo ao redor da estación e cocheiras de Can Boixeres. Os talleres e as cocheiras atópanse en Can Boixeres, Vilapicina e Vall d'Hebron. Actualmente a liña ten unha lonxitude de 18,9 quilómetros e vinte e seis estacións.[1]

Estacións da liña 5

Notas editar

  1. Transports Metropolitans de Barcelona, ed. (10 de xullo de 2010). "A rede de metro de TMB chega aos 100 km coa prolongación do L2 ao centro de Badalona". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2010.