Sandiás, Sandiás

parroquia civil do concello de Sandiás

Santo Estevo de Sandiás é unha parroquia do concello ourensán de Sandiás, situado na comarca da Limia. En 2021, segundo o IGE, tiña 403 habitantes (186 homes e 217 mulleres).

Sandiás
Vista do Castro.
ConcelloSandiás[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°06′48″N 7°45′17″O / 42.113333333333, -7.7546666666667
Área19,4 km²
Poboación488 hab. (2011)
Densidade25,15 hab./km²
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Nesta parroquia sitúase a capitalidade municipal onde se concentran os servizos administrativos (Concello, Xulgado de Paz), dotacionais (biblioteca municipal, colexio, Punto de Atención Infantil) e asistenciais (Centro de Saúde, farmacia). Conta tamén cun albergue de peregrinos dotado de 24 prazas.

Patrimonio histórico-artístico

editar

Igrexa de Santo Estevo de Sandiás

editar
 
Igrexa de Santo Estevo de Sandiás.

Nesta parroquia atópase a igrexa parroquial de Santo Estevo. Foi construída polo mestre de cantería Bartolomeu de Nosendo antes de 1520. Consta dunha soa nave e presbiterio cuadrangular. Destaca pola súa portada de estilo manuelino, que recorda as igrexas portuguesas de Maravilha, en Santarém, ou a parroquial de Batalha.

O retablo maior de Santo Estevo de Sandiás foi realizado entre o ano 1603 e o 1607 polo entallador Xoán Fernández "O Mozo" e o escultor Francisco de Moure. Consta de dous corpos, tres rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interese son as pinturas manieristas da parte baixa, nas que destacan as escenas da Anunciación e a Visitación.

 
Misa na romaría do San Bieito da Uceira (Sandiás).

A ermida de San Bieito da Uceira está no monte do mesmo nome, non lonxe da aldea. Foi construída a mediados do século XVIII (exvoto do ano 1766), posteriormente foi reconstruída e ampliada. Dende o adro hai unha vista panorámica da Limia Alta. Tódolos luns de Pascua e o segundo domingo de xullo realízase a romaría do San Bieito da Uceira dunha gran tradición en toda a Limia.

Co gallo dos cincuenta anos do comezo das obras de desaugamento da lagoa de Antela (1958-2008), o Concello de Sandiás puxo en funcionamento no centro da vila, a Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela). Neste centro preténdese dar a coñecer dunha forma didáctica a historia da lagoa a través dun percorrido que abrangue dende a formación da antiga lagoa de Antela, o seu desecamento, ata a actualidade coa recuperación medioambiental das antigas areeiras.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Sandiás

editar
Lugares da parroquia de Sandiás no concello de Sandiás (Ourense)

Cardeita | O Castro | Coalloso | As Pegas | Sandiás | Santa Ana


Parroquias de Sandiás

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Sandiás

Couso de Limia (Santa María) | Piñeira de Arcos (San Xoán) | Sandiás (Santo Estevo)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar