Abrir o menú principal

Tomé, apóstolo

(Redirixido desde "San Tomé apóstolo")

Tomé, nado en Palestina e finado talvez na India no século I, foi un dos doce apóstolos, probablemente era un pescador. É venerado como santo pola Igrexa católica, a Igrexa ortodoxa e polas igrexas ortodoxas orientais.

Tomé, apóstolo
The Incredulity of Saint Thomas by Caravaggio.jpg
Nacementoséculo
 Galilea
Falecemento3 de xullo de 72
 São Tomé de Meliapor
SoterradoIndia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico
editar datos en Wikidata ]
A incredulidade de San Tomé (Caravaggio).

Segundo parece o seu nome era Xudas (en arameo, Yəhudah). O feito máis coñecido de Tomé atópase no Evanxeo segundo San Xoán 20, 24-29, onde, incrédulo, nega a resurreción de Cristo ata que non meter as mans nas furas que os cravos fixeran no corpo de Cristo. Segundo a tradición predicou en Siria, Partia e a India, onde foi a orixe da Igrexa Malabar e foi executado o 3 de xullo do 72 na India.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar