San José de Pare

concello do departamento de Boyacá, en Colombia

San José de Pare é unha vila e concello do departamento colombiano de Boyacá, e forma parte da provincia de Ricaurte. O centro urbano de San José de Pare atópase a unha altitude de 1 545 metros, na Cordilleira Oriental dos Andes colombianos. A fronteira entre San José de Pare e o departamento de Santander está formado polo río Suárez. Os outros concellos que limitan con San José de Pare son Chitaraque, Togüí, Moniquirá e Santana. San José de Pare está ao longo da estrada dende Bogotá a Bucaramanga, a 217 quilómetros da capital colombiana.[1]

Modelo:Xeografía políticaSan José de Pare
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 6°01′09″N 73°32′48″O / 6.0192, -73.5467Coordenadas: 6°01′09″N 73°32′48″O / 6.0192, -73.5467
EstadoColombia
DepartamentosBoyacá
ProvinciaProvincia de Ricaurte Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación5.221 (2015) Editar o valor em Wikidata (70,55 hab./km²)
Xeografía
Superficie74 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.518 m Editar o valor em Wikidata
Creación3 de novembro de 1780 Editar o valor em Wikidata

Páxina websanjosedepare-boyaca.gov.co… Editar o valor em Wikidata

Etimoloxía editar

San José de Pare recibe o seu nome polo poboado de "Pare" dos guanes, que habitaron a área antes da conquista española.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1

Ligazóns externas editar