San Fiz de Rubián, Bóveda

parroquia civil do concello de Bóveda

San Fiz de Rubián é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda. Limita coas parroquias de Covela e Noceda ao norte, Tuimil ao leste, Rubián ao sur e Vilarbuxán ao oeste.

San Fiz de Rubián
ConcelloBóveda[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°39′49″N 7°28′27″O / 42.6635577, -7.4741181
Poboación85 hab. (2019)
Entidades de poboación16[1]
editar datos en Wikidata ]

Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 106 habitantes (53 mulleres e 53 homes), distribuídos nas entidades de Eimer, O Gruñedo e San Fiz, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 126 habitantes.

Historia

editar

Aparece relacionada co mosteiro de Samos unha bula de confirmación do Papa Alexandre III, do ano 1175, pola que os monxes poden seguir desfrutando dos dereitos xurisdicionais que lles correspondían de antigo.

Patrimonio

editar

A igrexa de San Fiz de Rubián, do século XVI, aínda que moi reformada, presenta planta rectangular. A capela maior, sepárase da nave por un arco de medio punto, estando a sancristía apegada ó seu costado norte.

No lugar de Eimer está a Casa Torre de Eimer, con capela. Non se conserva a torre da casa, aínda que consta como reconstruída no século XVII, nin a solaina. Conserva un escudo de mármore na fachada leste.

No lugar do Gruñedo está a Casa Torre do Gruñedo.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de San Fiz de Rubián

editar
Lugares da parroquia de San Fiz de Rubián no concello de Bóveda (provincia de Lugo)

Eimer | O Gruñedo | San Fiz

Parroquias de Bóveda

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Bóveda

Bóveda (San Martiño) | Freituxe (Santiago) | Guntín (San Cristovo) | Martín (San Cristovo) | Mosteiro (San Paio) | Remesar (San Xoán) | Ribas Pequenas (Santiago) | Rubián (Santiago) | San Fiz de Rubián (San Fiz) | Teilán (Santa Baia) | Tuimil (Santa María) | Ver (San Vicenzo) | Vilalpape (San Bartolomeu) | Vilarbuxán (San Bartolomeu)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar