Vilalpape, Bóveda
San Bartolomeu de Vilalpape é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 48 habitantes (24 mulleres e 24 homes), distribuídos en cinco entidades, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 64 habitantes.
Vilalpape | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Bóveda[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°35′14″N 7°29′51″O / 42.58725128, -7.49739912 |
Poboación | 34 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Limita coas parroquias de Martín e Ver polo norte, O Chao do Fabeiro e Valverde polo sur, Ribas Pequenas polo leste e O Chao do Fabeiro polo oeste.
Historia
editarNo ano 1221, o reguengo de Vilalpape foi cedido, por Afonso IX, ó mosteiro de Castro de Rei de Lemos. En 1522 os habitantes de Vilalpape presentan vasalaxe ó abade de Montederramo.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial, do século XVII, ten planta rectangular, con muros de cachotería de lousa e cuberta a dúas augas feita en madeira e lousa. No seu alzado norte levantouse a sancristía. Hai cruceiros en Vilalpape e Marzán.
Festas
editarAs festas parroquiais celébranse o 24 de agosto na honra á San Bartolomeu.
Lugares e parroquias
editarLugares de Vilalpape
editarLugares da parroquia de Vilalpape no concello de Bóveda (provincia de Lugo) | |
---|---|
Agüela | As Folguedas | Marzán | Val de Miotos | Vilalpape |