Ribas Pequenas, Bóveda

parroquia civil do concello de Bóveda

Santiago de Ribas Pequenas é unha parroquia de Bóveda na provincia de Lugo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 127 habitantes (73 homes e 54 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación: A Áspera, Chorente, A Eirexa, A Gándara, O Souto e A Veiga, o que supón unha pequena diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 129 habitantes e ao ano 1991 cando tiña 144 habitantes.

Ribas Pequenas
Pasadoiro sobre o río Mao
ConcelloBóveda[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°35′59″N 7°28′20″O / 42.599807, -7.472321
Poboación107 hab. (2019)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Limita coas parroquias de Ver e Mosteiro ao norte, Piño ao leste, A Parte e Valverde ao sur, e Vilalpape ao oeste.

Patrimonio

editar
 
Igrexa parroquial.
 
Muíño.
 
Demarcación e lindes entre Ribas Pequenas e o couto e freguesía de San Pedro de Valverde, c. 1734.
  • A igrexa parroquial, foi reconstruída no século XVII. Edificio de planta rectangular con muros de cachotería de lousa e cuberta, de madeira e lousa a dúas augas. No seu interior distribúense dúas naves, comunicadas por dous arcos de medio punto.
  • Casa do Coronel. Situada no lugar de Souto; edificio con planta de U, ó redor dun patio pechado, con muros de cachotería en lousa e cuberta, a catro augas, en madeira e lousa. Na súa fachada hai un escudo, de aparencia recente, coas armas dos Somoza.
  • O Refuxio da Coruxa, situado na Veiga, trátase dun edificio de planta en L, estruturado ó redor dun patio pechado.
  • Muíño de Maseda, actualmente en funcionamento. Muíño movido pola corrente de auga procedente do río Mao.

Festividades

editar

As festas da parroquia celébranse o 7 de setembro na honra da Virxe dos Remedios.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Ribas Pequenas

editar
Lugares da parroquia de Ribas Pequenas no concello de Bóveda (provincia de Lugo)

A Áspera | Chorente | A Eirexa | A Gándara | O Souto | A Veiga

Parroquias de Bóveda

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Bóveda

Bóveda (San Martiño) | Freituxe (Santiago) | Guntín (San Cristovo) | Martín (San Cristovo) | Mosteiro (San Paio) | Remesar (San Xoán) | Ribas Pequenas (Santiago) | Rubián (Santiago) | San Fiz de Rubián (San Fiz) | Teilán (Santa Baia) | Tuimil (Santa María) | Ver (San Vicenzo) | Vilalpape (San Bartolomeu) | Vilarbuxán (San Bartolomeu)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar