Freituxe, Bóveda
parroquia civil do concello de Bóveda
Santiago de Freituxe é unha parroquia do concello de Bóveda, na provincia de Lugo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 28 habitantes (18 homes e 10 mulleres), distribuídos nas entidades de Covelo, Freituxe e A Vila, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 41 habitantes e ao ano 1991 cando tiña 51 habitantes.
Freituxe | |
---|---|
Concello | Bóveda[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°37′10″N 7°25′38″O / 42.619496, -7.427147 |
Poboación | 20 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Limita coas parroquias de Laiosa ao norte, Piño ao sur, Canedo e A Ferreirúa ao leste, e Guntín e Mosteiro ao oeste.
Historia
editarA primeira vez que se fai referencia a Freituxe, é no testamento maior do Bispo Odoario, no que aparece como Villa Fructuosi, no ano 747. Con posterioridade a esta data, sendo abade Lope de Barrera, o beneficio de Freituxe pasa a depender do Mosteiro de Samos.
Patrimonio artístico
editar- A igrexa parroquial data do s. XVII. Edificio de planta rectangular e muros de cachotería, en lousa e algunha cuarcita, enlucidos. A cuberta, a dúas augas, é de madeira e lousa. Atravesando un arco de medio punto peraltado, accédese, dende a nave, á capela maior, tras da que está a sancristía. Espadana de dous vans, realizada en granito, sobre o frontis.
- Casa do Priorado, que conserva o escudo da Abadía de Samos esculpido en mármore, representando, dentro dun campo ovalado, unha man con espada e outra con palma.
Festividades
editarLugares e parroquias
editarLugares de Freituxe
editarLugares da parroquia de Freituxe no concello de Bóveda (provincia de Lugo) | |
---|---|
Parroquias de Bóveda
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Una parroquia de Bóveda recupera sus fiestas tras 40 años sin celebrarlas". La Voz de Galicia. 16 de maio de 2024. Consultado o 18 de maio de 2024.