Samiopoula (grego: Σαμιοπούλα) é un illote grego situado no sur da illa de Samos a unha distancia de 850 metros. Atópase baixo a autoridade da unidade rexional de Samos e a xurisdición local da unidade municipal de Pythagoreio. O censo de 2011 rexistraba unha poboación de catro habitantes. O nome Samiopoula é un derivado de Samos (en grego Σάμος) e literalmente significa "pequena Samos".

Samiopoula
Σαμιοπούλα
Samiopoula como se ve desde o monte de Bournias no sur da illa de Samos
Localización da illa, e o pequeno punto vermello que se ve debaixo da grande illa de Samos
Situación
PaísGrecia
Periferias de GreciaExeo Setentrional
MarMar Exeo
Coordenadas37°37′41″N 26°47′38″L / 37.62806, -26.79389Coordenadas: 37°37′41″N 26°47′38″L / 37.62806, -26.79389
Xeografía
Superficie1´018 km²
Longura máxima1´5 km
Largura máxima0´7 km
Punto máis alto153´2 m.
Demografía
Poboación4 (2011)
Densidade3´9 hab./km²
Lingua propiaGrego

Xeografía editar

As medida do illote son aproximadamente 1´5 km de largo e 0´7 km de longo. Hai poucos edificios en Samiopoula, principalmente as pequenas igrexas parroquiais de Agia Pelagia (en grego Αγία Πελαγία) e de Ascensión de Cristo (en grego: Αναλήψεως του Σωτήρος), unha pequena taberna e algunhas pequenas casas e refuxios. Os servizos de electricidade e teléfono proporciónanse a través de cables submarinos desde a veciña Samos. Sistemas fotovoltaicos proporcionan unha certa enerxía eléctrica alternativa. Hai varias cisternas na illa e a auga de choiva consérvase de todo o inverno. A maior parte do terreo é rochoso, con moi poucas árbores e varias especies de salvaxes matogueiras, arbustos e flores silvestres. As Cabras silvestres superan por moito en número aos poucos habitantes, incluso cando os visitantes e turistas toman a pequena illa durante a tempada de verán. O illote é facilmente accesible durante a tempada turística a través de excursións diarias desde os portos de Pythagoreio e Ormos Marathokampou. A única praia da illa, psalida (en grego Ψαλίδα), é bastante pequena e está moi concorrida durante a tempada alta de verán, aínda que o único que ofrece son fermosas areas brancas e augas cor turquesa. O veleiros normalmente achéganse ao illote a través da pequena baía de Katsakas (en grego Κατσακάς), que está protexida polos ventos do noroeste que prevalecen na zona.

Referencias editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar