Salvador Sánchez García

militar e político galego

Salvador Sánchez García, coñecido como Limiñón, nado en Betanzos cara a 1910 e finado no mesmo concello o 29 de novembro de 1971, foi un militar e político galego.

Infotaula de personaSalvador Sánchez García
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor em Wikidata
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de novembro de 1971 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesLimiñón Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou na Academia Militar de Zaragoza. Afiliouse a Falange Española o 14 de novembro de 1933. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi alférez provisional e xefe da primeira Bandeira de Falange da Coruña. Ao rematar a guerra foi de xefe comarcal de Falange Española Tradicionalista y de las JONS de 1941 a 1952. Finou en Betanzos o 29 de novembro de 1971.[1] Foi deputado provincial. En 1963 foi elixido concelleiro de Betanzos polo terzo familiar.

Vida persoal editar

Casou con Ascensión Sarasá Gracia e foi pai de Manuel, María del Pilar, Ascensión, Margarita e Rosa María Sánchez Sarasá.

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 30-11-1971, p. 12.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar