Salvador Ferro Franco

mecánico e militar galego

Salvador Ferro Franco, nado na Casería (Covas, Viveiro) o 7 de decembro de 1913 e finado en Grenoble o 1 de outubro de 1997, foi un mecánico e militar galego.

Modelo:BiografíaSalvador Ferro Franco
Biografía
Nacemento7 de decembro de 1913 Editar o valor en Wikidata
Covas, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de outubro de 1997 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Grenoble, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmecánico, militar Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Con dezanove anos alistouse na Armada. En 1933 foi destinado a Cartaxena, onde embarcou como mariñeiro no destrutor Almirante Valdés. Estivo dous anos exercendo como enfermeiro e despois formou parte do servizo electrónico. Ao rematar o servizo militar regresou a Viveiro, traballou co seu pai nos labores agrícolas, co seu irmán na forxa e en obras municipais. Afiliouse á CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 contactou cos grupos de fuxidos e colaborou con eles até que foi chamado a filas e mobilizado en 1937. Destinado a Logroño, adscribírono ao Rexemento de Infantaría Bailén 24, e foi enviado a Burgos para reforzar as columnas franquistas que marchaban á fronte de Madrid. De alí pasou a Pinto|, A Marañosa e Corralejos.

O 27 de decembro de 1937 pasouse ao exército leal. Estivo en varias posicións da fronte animando aos soldados do bando sublevado a que desertasen e pasasen a defender a República. Despois foi destinado a Barcelona, e de alí partiu para Cartaxena con destino á 194 brigada de Infantaría de Mariña, onde foi nomeado sarxento instrutor. Combatiu na fronte de Teruel, fixo un curso de capacitación na Escola de Oficiais de Guerra para ascender a tenente, e volveu á súa brigada. Continuou loitando na fronte de Artesa de Segre, foi ferido e trasladado ao hospital de Banyoles. Recuperado, reincorporouse a súa brigada até o final da guerra.

Pasou a Francia e foi internado no campo de Le Teche e despois rrasladado ao campo de Agde (Hérault). Saíu do campo cando os franceses solicitaron entre os recluídos mecánicos e condutores de tanques ante a inminencia da guerra. Comezou a traballar como mecánico militar nos talleres da Cabalaría do departamento de Aveyron. Oito meses despois foi trasladado ao departamento do Lot e Garona como xefe de taller en Casseneuil (Aquitania). Logo da capitulación de Francia fuxiu con documentación falsificada ao sur, establecéndose en Saint Quentin sur Isere onde traballou nunha canteira. Colaborou co maquis levándolles pólvora e detonadores e participando en sabotaxes e accións directas até que foi detido o 22 de xullo de 1944. Preso en Lyon durante un mes, foi deportado ao campo de concentración de Natzweiler. No traslado en tren foi rexistrado novamente polos alemáns que tiraron a súa documentación na estación do tren, polo que foi dado por morto.

Transferido ao Campo de concentración de Dachau, onde chegou o 4 de setembro de 1944, pasou despois ao subcampo de Allach, preto de Munich, onde traballou como mecánico e encargado das caldeiras. Foi liberado pola brigada aliada Lattre de Tassigny o 29 de abril de 1945. Estableceuse en Grenoble, onde casou.

Vida persoal

editar

Casou en Grenoble con Emilia Grilo foi pai de Teresa, María Antonia e Manuel Ferro Grilo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar