Salgueiro nodoso

especie de planta
(Redirección desde «Salix salviifolia»)

O salgueiro nodoso[2] Salix salviifolia é unha especie de salgueiriño da familia Salicaceae endémica do oeste da Península Ibérica. Presente en todo o sur de Galiza, especialmente nas concas do Miño e do Sil.

Salgueiro nodoso

Salix salviifolia no río Fresnedas, Val da Alcudia e Campo de Calatrava
Estado de conservación
ZC (Directiva hábitats)[1]
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Fanerógama Magnoliophyta
Clase: Dicotiledónea Magnoliopsida
Orde: Malpighiales
Familia: Salicaceae
Xénero: Salix
Especie: S. salviifolia
Nome binomial
Salix salviifolia
Brot., 1804
Distribución de Salix salviifolia na Península Ibérica.
Distribución de Salix salviifolia na Península Ibérica.

Distribución de Salix salviifolia na Península Ibérica.

Descrición

editar

Arbusto de 1 a 3 m de altura. Pólas cinsentas e pubescentes.

Follas dunha largura moderada, máis ou menos elípticas ou oblanceoladas, abrancazadas. Teñen o envés cunha borralla de pelo que lle dá o aspecto abrancazado aveludado.

As franzas teñen vilosidade mesta mais curta.

Distribución

editar

É un endemismo da Península Ibérica, onde se atopa no centro e na metade oeste. Abundante no Sistema Central, Montes de Toledo, Serra Morena, Estremadura, depresión do Douro, depresión do Texo, depresión do Guadiana. En Galiza no Miño e no Sil.

  • Salix cinerea auct.
  • Salix oleaefolia auct. hisp.

Galería de imaxes

editar
  1. Directiva 94/43/CEE do Consello do 21 de maio relativa á Conservación dos Hábitats Naturais e da Flora e Fauna Silvestre:Anexo II:especies protección estrita e designación de Zonas de Conservación
  2. Nome vulgar galego en Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997; e VV. AA. (2012) Vocabulario forestal Universidade de Santiago de Compostela / Deputación de Lugo

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar