Salas, A Ponte de Domingos Flórez

localidade do concello da Ponte de Domingos Flórez

Salas (oficialmente en castelán Salas de la Ribera)[1] é unha localidade do municipio leonés da Ponte de Domingos Flórez, na comunidade autónoma de Castela e León. Tiña 178 habitantes en 2020.

Modelo:Xeografía políticaSalas, A Ponte de Domingos Flórez
Imaxe

Localización
Mapa
 42°26′06″N 6°49′04″O / 42.434956, -6.817833Coordenadas: 42°26′06″N 6°49′04″O / 42.434956, -6.817833
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León
MunicipioPonte de Domingos Flórez Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24384 Editar o valor em Wikidata

Está situada na beira esquerda do río Sil, fronte á aldea de Sobredo, en Quereño (Rubiá), e a 3 km da vila da Ponte, capital municipal. O patrimonio relixioso de Salas inclúe a igrexa parroquial, dedicada a Santo André Apóstolo[2], e a ermida do Santo Cristo, no extremo oposto da da localidade.

Demografía editar

Evolución da poboación[3]
Gráfica de evolución de Salas, A Ponte de Domingos Flórez entre 2000 e 2017

Historia editar

No século XIII, tras a devolución de Ponferrada á Orde do Temple por parte do rei Afonso VIII de León e Galicia en 1211, a localidade de Salas quedou encadrada dentro da encomenda templaria ponferradina. Así, o 7 de marzo de 1222 o mestre Pedro Alvitiz subscribiu co bispo de Astorga unha carta de composición acerca dos dereitos a percibir nas behetrías do val de Salas.[4][5][6]

Xa na Idade Contemporánea, así se describía o lugar no tomo XIII do Dicionario xeográfico-estatístico-histórico de España e as súas posesións de Ultramar, obra impulsada por Pascual Madoz a mediados do século :[7]  

Lugar en la provincia de León, partido judicial de Ponferrada, diócesis de Astorga, audiencia territorial y capitanía general de Valladolid, ayuntamiento de Puente de Domingo Florez. Situado en un valle que forma el Sil; su clima es frío pero sano. Tiene 52 casas; escuela de primeras letras; iglesia parroquial (San Andrés) matriz de Pardollán, Quereño y Sobredo (provincia de Orense) servida por un cura de segundo ascenso y presentación de tres voces mixtas, y buenas aguas potables. Confina con las Médulas, la Silva y Puente de Domingo Flórez. El terreno es de mediana calidad, y le fertilizan algún tanto las aguas del Sil. Los caminos son locales; recibe la correspondencia de Puente de Domingo Flórez. Producciones: granos, legumbres, lino, frutas y pastos; cría ganados, caza y pesca. Población: 52 vecinos, 208 almas. Contribución: con el ayuntamiento.
Dicionario xeográfico-estatístico-histórico de España e as súas posesións de Ultramar
Castela e León | Provincia de León | Parroquias da Ponte de Domingos Flórez

Castro | Eres | A Ponte de Domingos Flórez | Robledo | Salas | San Pedro de Trones | As Veigas

Notas editar

  1. "Toponimia – Instituto de Estudios Cabreireses". estudioscabreireses.es. Consultado o 2021-03-29. 
  2. Parroquias de la diócesis de Astorga Arquivado 05 de maio de 2018 en Wayback Machine..
  3. Nomenclátor: Poboación do Padrón Continuo por Unidade Poboacional a 1 de xaneiro.
  4. [https://books.google.es/books?hl=es&id=-F1mAAAAMAAJ&dq= Martínez Díez, Gonzalo (1993). Los Templarios en la Corona de Castilla. Burgos: La Olmeda. Pág. 87
  5. González y González, Julio (1944). Alfonso IX. Madrid: CSIC.
  6. Rodríguez González, Mª Carmen y Mercedes Durany Castrillo (2013). Las villas de Ponferrada, Molinaseca y Bembibre en la Edad Media, en "El historiador y la sociedad. Homenaje al Profesor Jose Mª Mínguez". Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. Pág. 219
  7. Madoz, Pascual (1989). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de ultramar. Biblioteca Santa Ana. ISBN 978-84-600-7318-5.